A Xunta subvenciona a unha asociación de Venezuela cuxo secretario é directivo do PPdeG

A Hermandad na que é directivo un vogal do PP de Galicia leva recibido 290.000 euros de Emigración nos últimos dous anos. Esta asociación tamén actúa como oficina de información dos programas de axudas da Xunta aos emigrantes.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/02/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Un directivo do PPdeG é o secretario dun dos colectivos de emigrantes máis beneficiados polas subvencións da Secretaría Xeral de Emigración. Trátase de José Antonio Alejandro González, quen compatibiliza o cargo de secretario da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas co de vogal na directiva do Partido Popular de Galicia.

O presidente e secretario da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas, Roberto González e José Antonio Alejandro, respectivamente; canda o Rodríguez Miranda nunha reunión no despacho do Secretario a pasada semana
O presidente e secretario da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas, Roberto González e José Antonio Alejandro, respectivamente; canda o Rodríguez Miranda nunha reunión no despacho do Secretario a pasada semana

Na directiva dos conservadores galegos, González é compañeiro de Antonio Rodríguez Miranda, coordinador de Acción Exterior do PPdeG e asemade secretario xeral de Emigración do Goberno Galego.

Unha das máis beneficiadas nas axudas vía DOG

Na resolución das axudas aos programas de actuación das asociacións de emigrantes de 2016, a Hermandad foi a máis beneficiada con 30.000 euros. Na convocatoria de 2015 deste programa, conseguiu 28.761 euros

Na resolución das axudas aos programas de apoio estrutural de 2016, a Hermandad foi de novo a máis beneficiada con 21.000 euros. Neste mesmo programa, pero en 2015, a citada asociación levou 21.000 euros, sendo a que máis diñeiro recibiu empatada coa Xuntanza de Asociacións Galegas en Catalunya.

Acto de toma de posesión da directiva da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas, con Rodríguez Miranda e a 'reina' da Hermanda no centro
Acto de toma de posesión da directiva da Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas, con Rodríguez Miranda e a 'reina' da Hermanda no centro | Fonte: canariosenlemundo.com

Convenios a dedo

Á marxe destas convocatorias públicas, a citada asociación recibe regularmente diñeiro da Xunta mediante convenios, un instrumento legal que permite ás administracións subvencionar discrecionalmente, a dedo. 

Así, a Secretaría Xeral da Emigración aportoulle 60.000 euros en maio de 2016 para a “prestación de asistencia sanitaria farmacolóxica a persoas de orixe galega”.  En maio de 2015 outorgáballe 70.000 euros para “contribuír á atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos cidadáns galegos”. En xaneiro de 2015, o departamento de Rodríguez Miranda pagáballe 20.000 euros para o “desenvolvemento e mantemento dun software para a xestión dos programas da entidade”.

Segundo figura en varias convocatorias do DOG, por exemplo a destinada aos estudantes, os emigrantes galegos en Venezuela teñen que acudir á Hermandad a recoller documentación e información para poder participar en varios dos programas de axudas individuais convocados pola Xunta. Isto é posíbel gracias a  Oficina de Información da Hermandad Gallega de Venezuela que, segundo un convenio asinado con Emigración,  encárgase da “difusión e asesoramento á colectividade galega de programas e actuacións desenvolvidos a prol dos galegos residentes no exterior”. A Xunta subvencionou esta oficina con 20.000 euros o ano pasado e outros 20.000 euros en 2015.

En total, mediante diferentes instrumentos, a secretaría de Rodríguez Miranda leva aportado á Hermandad máis de 290.000 euros en dous anos.

Reunión en San Caetano

Miranda e González reuníronse a pasada semana en Santiago. A secretaría xeral prometeu que ía “intensificar a súa colaboración” con colectivos como a Hermandad e seguir “con  especial atención os acontecementos en Venezuela”. Na nota a Xunta asegura que a Hermandad é a máis numerosa das asociacións de emigrantes do país,  con máis de 25.000 familias galegas asociadas. Segundo o os últimos datos do Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro do Instituto Nacional de Estatística a 1 de xaneiro de 2016, residen en Venezuela un total de 46.095 galegas. Polo tanto, segundo os datos divulgados polo Goberno, serían socios da Hermandad máis do 54% dos galegos en Venezuela.  

Denuncia de irreguralidades ao fío da fallida compra dun campo de golf

A relación entre a Xunta e a Hermandad xa foi noticia en 2015. Daquela a Comisión Coordinadora da Agrupación Galaica, da Hermandad Gallega de Caracas, que remitiu unha carta ao secretario xeral de Emigración, sobre a posible disposición irregular de subvencións e axudas da Xunta de Galicia para fins distintos aos que deron lugar a súa concesión. Daquela o PSdeG preguntou á Emigración se controlaba o destino do diñeiro enviado a Venezuela, ante as noticias de que a Hermandad pensaba comprar un campo de golf.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

8 BALTARINI CONDUCTOR

o tipo ese do PP non era un miranda que o levaba o Baltar no seu coche e despois poñia a cobro dietas por viaxar o parlamento, pois andaba de deputado ou asi perdendo o tempo e os cartos o pobo galego, e agora o meteron a viaxar, EN VEZ DE SACALO COMO FARIAN EN ALEMANIA, GB, USA, E OUTROS PAISES... pero expaña e corr-uPPtela desatada e sigue, agora lle darán cartos a reaccionarios e golpistas venezonalos caidos no ianqe-dande... son xente da "calse media" non son patriotas venezolanas o igual co pp non e patriota galega de feito son antipatria, son expañolentos están a pudrir o país enteiro O PP E CANCEROSO, SON ESCUPITAXO, SON CADALSO!!!!

1 Fiodo

Menos lobos, que para asuntos de dietas y sueldos los del BNG y Mareas se ponen bien de acuerdo con el PSOE y PP.

7 Emigrante

A ignorancia é moi atrevida....

6 Currante

Ala si pero el bipartito más , caca , pedo , culo , pis y el lobby de la lengua más también más caca pedo culo pis. Asinado por farto da lingua y cía.

1 Filoo

Oe Mexuto, segues trincando 56.000 euros da CRTVG?

2 Currante

Siiiii é vitalicio, ven a traermo Gayoso a casa no coche de Magnum, conduce Son Goku. Canto pailaroco anda solto polos foros, vaite a forocohes o enfemenino cós teus amigos cuñados pailán de Fillo.

5 Chaves

A persoa que redactou a noticia non ten nin idea do que é a Irmandade. Home, podes criticala de arriba abaixo ou o que queiras, pero chamarlle "unha asociación de Venezuela"...

4 galegoexiliado

Mentras centos de galegos durmen nas ruas, enchen os comedores sociais, fan colas en hospitales, fan números pa chegar a fin de mes, milleiros de mozos emigran, recortes na sanidade, educación e axudas sociais, a nosa aristocracia política, de un e outro bando, financian asociacions de cidadans que residen e pagan impostos en outros países. E lles permiten votar, a cambio de axudas e subencions, pero sin sufrir os recortes do desGoberno que votan. VOTA DONDE RESIDAS e AXUDAS SO A RESIDENTES.