Temas: MúSICA

O éxito de Hard GZ confirma o boom do rap galego

Sen apoio dos grandes medios e ignorados pola industria cultural establecida, varios mozos do país están a lograr cifras de reproducións no Youtube nunca vistas en Galicia.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 20/02/2017 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

Arce “Perro Viejo” non é o único mozo rapeiro galego que está a alcanzar sorprendentes cotas de popularidade nun tempo récord. Sen chegar aínda aos niveis do santiagués (o seu éxito Luzbel suma unhas estratosféricas 15 millóns de reproducións), o coruñés Hard GZ está a lograr tamén cifras que dan vertixe. 

Hard GZ nunha imaxe do festival O Marisquiño
Hard GZ nunha imaxe do festival O Marisquiño

Por exemplo, o seu vídeo “Cae la noche” suma máis de 2,3 millóns de visitas en só tres meses:

Non se trata dun éxito illado. “Birra y humo” anda polas 756.000 reproducións en dous meses. Varias pezas do seu disco Virus, publicado hai dous anos, tamén teñen cifras de reproducións importantes; por exemplo o tema homónimo máis de 1,3 millóns. “Antifascistas” do disco Nictofilia, do ano pasado, suma máis de 802.000. 

De onde provén este ‘boom’ do hip-hop galego? É difícil de explicar para os que son dunha xeración máis vella, que se criou á marxe do mundo rap, sobre todo porque os grandes medios de comunicación, como a televisión, ignoran a estes rapaces. Tampouco os medios máis pequenos de índole cultural lles prestan atención, se cadra incómodos pola súa linguaxe agresiva e, aparencia, inxénua.

O que está claro é cun discurso social moi crítico, producindo vídeos dun nivel audiovisual sorprendente para artistas á marxe do sistema e cantando sobre todo en español, aínda que con constantes referencias a súa terra- artistas como Arce e Hard GZ están situando a Galiza no epicentro dunha nova explosión de creatividade musical.

Velaquí unha colaboración entre os dous MCs citados nesta información:

Hard Gz  formou parte Urban Style Crew na que se incluían grafiteros, dj’s e mc’s.  As súas letras apostan a miúdo polo contido social, a loita obreira, o antifascismo e a vida na rúa. Traballou con Digital Hustlers, o sello que tamén sacou a Arce, artista co que xirou por todo o país e actuou no no Festival  Viñarock 2015 tocando o tema "Galiza Underground". Ten catro discos, Kaos Nómada Vol. 2 (2017); Kaos Nómada Vol. 1 (2016); Nictofilia (2015) e Virus (2014). Este xoves actúa na Sala Malatesta de Santiago e o venres na Iguana de Vigo.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta