Temas: VENEZUELA PPDEG

A maioría das subvencións a Venezuela son para asociacións lideradas por dirixentes do PP

A Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela (FACEV), que recibe unha subvención a dedo todos os anos, está presidida polo líder do PP en Venezuela, Felisindo López.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 28/02/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Secretaría Xeral de Emigración está a financiar de xeito discrecional a outra asociación venezolana liderada por un dirixente do Partido Popular. Trátase da Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela (FACEV). O seu presidente é Felisindo López Lorenzo, que asemade é presidente do PP en Venezuela.

Rodíguez Miranda sorrí durane entrega ¡a Felisindo Lópezda Medalla de Ouro da Emigración, máxima distinción do Goberno de España, que coloca o director general Miras Portugal
Rodíguez Miranda sorrí durane entrega ¡a Felisindo Lópezda Medalla de Ouro da Emigración, máxima distinción do Goberno de España, que coloca o director general Miras Portugal

GC xa informou a semana pasada que a Xunta está subvencionando a dedo a outra entidade dirixida por outro cargo conservador. Nese caso  a Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas, cuxo secretario é o vogal en representación de Venezuela na directiva do Partido Popular de Galicia, José Antonio Alejandro González.

Así as cousas, os dous colectivos de emigrantes galegos no país caribeño que máis diñeiro público reciben de Galicia ano tras ano teñen ao fronte a dirixentes do Partido Popular.

No caso da FACEV, Emigración asina todos os anos con ela un convenio de colaboración. Sucede dende 2010, primeiro ano completo do PPdeG ao fronte do Goberno tras o bipartito. En total, os seis convenios suman 460.000 euros.

Na primavera de 2016 concedeulle 60.000 euros para a “prestación de asistencia sanitaria e farmacolóxica a persoas de orixe galega residentes en Venezuela”. A FACEV leva recibindo a mesma cantidade mediante convenio dende 2012. En 2011, Emigración déralle 100.000 euros. E en 2010, 120.000 euros.

Os convenios de colaboración son un instrumento legal que permite ás administracións subvencionar discrecionalmente, sen concorrencia, a dedo, a entidades sen ánimo de lucro. 

Cando en 2010 se asinou o primeiro convenio, a oposición fixo oír as súas críticas no Parlamento, porque a firma produciuse xusto na véspera de que López fora elixido, en presencia do número 2 do PPdeG e da Xunta, Alfonso Rueda, presidente do Partido Popular en Venezuela. 

Os convenios outórganlle a FACEV gran autonomía á hora de executar as axudas da Xunta. Para a xustificación dos gastos inferiores a 1.000 euros, a Administración non pide nin factura, chégalle cun recibo. Ademais, FACEV pode rubricar de acordo ao seu criterio “convenios, acordos e protocolos de actuación con centros, clínicas e médicos”.

A FACEV manén tamén unha relación moi estreita co Goberno do Estado, de feito entregoulle unha medalla a Felisindo López en 2014. O director general do Estado de Emigranciones, Aurelio Miras, e o secretario xeral de Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, foron os encargados de colocarlle a distinción, como reflicte a imaxe que ilustra esta noticia. Trátase do máximo galardón que dá España a persoeiros da diáspora.

Temas: VENEZUELA PPDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

7 paspallas

Con ver los personajes de la FOTO BASTA!. ¡SALUD!.

6 teutonio

Pero se os do PP son de dereitas ou liberais reformistas non deberían estar contra as subvencións e devolver estes fondos públicos?.

5 Uxía Nogueiras

A política clientelar do PP con respecto a certas asociacións é repugnante. Tan repugnate como a de Podemos-En Marea, PSOE e BNG nos organismos públicos que controlan.

4 anonimo

Estes bravos motivadores, especialistas en guiar o voto dos emigrantes, cómo non lles imos dar unha medalla? aínda que sexa en forma de subvención, que eles so pensan no ben común.

3 Mexutos boys

Mi no entender. Txiringuito urogallo llamado A Mesa dice ser muy grande pero trincar mucha subvención Quien se forra?

1 Chupatintasbastidos

Tu no entender? yo explicar: Se forran los ppsoeiros y los trincadores profesionales que están todos los días y todo el día aquí diciendo tonterías sobre el bng y ocultando lo que pasa con el PPSOE, por ejemplo que en el consejo de dirección de tvg son todos de los suyos traídos de lugares de Galicia como Burgos o Madrid...y tal y tal.