Temas: REFUXIADOS SIRIA

Só 10 de 313 concellos galegos se comprometeron a aloxar refuxiados

Entrevistamos a Margarita González, portavoz de Amnistía Internacional en Galicia na véspera do lanzamento de #CidadeAcolledora. Trátase dunha campaña de mobilizacións en todo o Estado para lograr “o compromiso real das autoridades dos concellos coa acollida de persoas refuxiadas”. No país, este sábado haberá concentracións en dez localidades para visibilizar que, polo de agora, só 10 municipios galegos ofreceron compromisos concretos. Entre eles algúns moi pequenos, mentres varias grandes cidades seguen sen decidirse. O auxe dos populismos e a axuda que se poden facer a nivel particular son outros dos temas desta conversa.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 03/03/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O goberno de España  comprometeuse a acoller a un total de 17.337 persoas ata setembro deste ano e de momento so chegaron 1.100 delas. Que administración é a responsábel deste atraso e por que?

En Amnistía preferimos falar de incumprimentos en materia de dereitos humanos que de culpables, porén salientamos que o sistema de asilo en España é pouco acolledor, discriminatorio, arbitrario, obsoleto e ineficaz, non cumpre todas as obrigacións dos estándares internacionais en materia de Dereitos Humanos. A acollida das persoas que fosen dos conflitos e de graves violacións destes dereitos segue a ser insuficiente, hai expulsións colectivas nas fronteiras de Ceuta e Melilla, ten que haber un cambio profundo. 

Margarita González, voceira de Amnistía Internacional Galicia en rolda de prensa
Margarita González, voceira de Amnistía Internacional Galicia en rolda de prensa

Vostedes van organizar actos con autoridades locais de sete concellos do país para visibilizar o seu compromiso para acoller a refuxiados. Que obxectivos promoven con esta acción?

Conseguir o compromiso real das autoridades dos Concellos coa acollida das persoas refuxiadas. , coa finalidade de apertar así ao goberno central para que asuma dunha vez a súa responsabilidade coa acollida de persoas que foxen da guerra e da persecución. 

Cal é o compromiso real dos concellos galegos coa acollida dos refuxiados. Até que punto están a recibir só palabras ou cre que hai disposición real de asumir a carga de acoller aos refuxiados? 

É un camiño que empeza e será longo, hai concellos que non contestan ou poñen dificultades, mais queremos ser optimistas e centrármonos nos resultados que xa a temos.

Nenos refuxiados recollen papoulas no campo de Idomeni, cercados polo aramado
Nenos refuxiados recollen papoulas no campo de Idomeni, cercados polo aramado | Fonte: Miguel Núñez.

Que concellos en concreto xa concretaron o seu compromiso? 

Ourense, O Barco de Valdeorras, A Peroxa, Carballeda de Valdeorras, Manzaneda, Vilamartín de Valdeorras, Teo, Rianxo, Santiago de Compostela e Ribeira.  comprometéranse a acoller refuxiados na súa localidade. Así mesmo, case unha decena de concellos galegos asumiu levar a pleno unha moción para esixir ao goberno central a axilización da chegada de persoas refuxiadas. Agardamos que outros concellos especialmente os das cidades máis poboadas de Galicia sigan o seu exemplo.

Que carga económica pode supón para cada concello por mes acoller a unha familia de refuxiados? 

É difícil dar unha cifra concreta, teño entendido que os concellos reciben instrucións do Goberno Central e da Xunta de Galicia sobre as condicións de habitabilidade que necesitan os refuxiados, despois os concellos teñen que poñer en marcha os seus programas de acollida encaixándoos nos seus servizos e programas de: emerxencia social, educación, información á muller, emprego etc. 

Até que punto pode influír na acollida social e política aos refuxiados o éxito electoral de Donald Trump. Continuamente o presidente dos EE.UU. argumenta que os refuxiados poden ser a porta de entrada para os terroristas ...

Estamos moi preocupad@s polo auxe das políticas populistas e a retórica de nós contra eles coa que se elabora a axenda en Europa, Estados Unidos e outras partes do mundo. Demasiados políticos responden aos temores lexítimos de índole económica e seguridade facendo unha manipulación velenosa da política de identidade e co fin de gañar votos, como resultado os estados poñen cada vez máis trabas para a entrada de refuxiados nos seus territorios. Europa subscribe convenios e paga a países fronteirizos coa UE como Turquía ou Marrocos para que impidan que os refuxiados cheguen a territorios da Unión mentres que o Líbano con 4 millóns de habitantes ten acollidos a máis dun millón de refuxiados.

Que perfil poden ter os refuxiados que, no seu caso, se acollan en Galicia?

Soubemos que están a chegar persoas soas e grupos familiares de distintos países de procedencia, entre eles varios de nacionalidade siria, cremos que non hai un perfil concreto.

A crise dos refuxiados dominou a axenda mediática do inverno 2015/2016; pero neste pasou a un segundo plano. A que se debeu isto? Está a sociedade cansa desta problemática ou realmente as medidas adoptadas no seu día pola UE foron eficaces?

Hai un pouco de todo o que dis, a memoria é fráxil, as imaxes do pequeno  sirio, Ayllan, morto nunha praia pronto se esquecen, é máis fácil mostrar como se fosen o diaño aos/as estranxeiros/as e refuxiados/as que respectar os Dereitos Económicos Sociais e Culturais para rematar coa crise económica. Os Gobernos queren rematar co terrorismo soamente con medidas policiais e restrinxindo as liberdades, os dereitos humanos aparecen representados como un obstáculo para os intereses nacionais, o mundo cala permitindo así as atrocidades de Alepo, as miles de persoas mortas a mans da policía, na “guerra contra as drogas” de Filipinas e o uso de armas químicas en Darfur.

A nivel particular, que medidas podemos tomar os cidadáns para intentar que o problema se alivie e cando menos España cumpra co seu compromiso de acoller 17.000 persoas?

Todas as persoas debemos loitar polos valores básicos da dignidade humana e a igualdade en todas as partes. Cada persoa debe pedirlle ao seu goberno que utilice todo o poder e influencia para pór en evidencia a quen comete abusos contra os dereitos humanos. Nos malos tempos, a xente logrou cambiar as cousas cando defendeu unha posición, xa fose como activistas dos dereitos civís en Estados Unidos, activistas contra o apartheid en Sudáfrica ou movementos polos dereitos das mulleres e das persoas en todo o mundo. En Galicia poden  asistir aos diferentes actos que a organización levará a cabo en varias localidades de toda Galicia: A Coruña, Ribeira, Lugo, Pontevedra, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela, para conseguir o compromiso real das autoridades dos Concellos coa acollida das persoas refuxiadas.

Temas: REFUXIADOS SIRIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 galegoexiliado

Xa se sabe que os progres son moi xenerosos cos cartos dos demais, pero eles nin acollen nin pagan os gastos de invasores e falsos refuxiados, e moito menos acollen e financian aos centos de REFUXIADOS GALEGOS que durmen cada dia na rua e enchen os comedores sociales. Esos alcaldes tan xenerosos cos impostos dos galegos poderían comenzar axudando aos cidadans que lle pagan o soldo, e alguns pagar impostos na cidade que lles da traballo. REFUXIADOS NA TUA CASA, NON COS MEUS IMPOSTOS.

1 Solidario

Ti es do Frente Nacional de Le Pen e de Hazte Oir

2 Nefelibata

Non, eu por exemplo son unha persoa farta de progresistas caviar e das súas políticas de marketing. Unha persoa de esquerdas comprometida que defende a acollida dos refuxiados pero que comprende que sen mensaxes contundentes coma podía ser este que eu indiquei o único que nos atopamos os que odiamos os muros que separan as persoas e loitamos por un mundo mellor é incomprensión. Non bromeedes coa Le Pen, ela está ocupando o espazo ao que a esquerda está renunciando, evidentemente para inserir nas mentes e no corazón o seu discurso. O noso é claro: todo isto é un problema froito da brutal e desmedida desigualdade económica e duns cidadáns que fartos dos innumerables recortes e carentes dunha explicación marxista clara optan pola dereita extrema.

3 Nefelibata

En realidade os que estades provocando que estas forzas medren sodes os do partido do poder, rama dereita ou esquerda caviar. Por isto, defendo a acollida por parte dos alcaldes e alcaldesas: para dar exemplo e amosar que outro mundo é posible. E claro que o é. Dáme pena ter que esmagar simplismos preadolescentes, pero a realidade é que a cidadanía europea está farta de recortes, de paro, de salarios ínfimos e de que uns poucos se fagan máis ricos día a día manipulando as súas mentes co que eu chamo propaganda-Camelot. É dicir utilízanse causas progresistas illadas, coma pode ser a loita polos dereitos da muller, para facer esquecer os problemas económicos.

4 Nefelibata

Unha persoa de esquerdas é unha persoa que loita polos dereitos das mulleres e de todos os humillados e ofendidos. Non parcela as súas loitas nin esquece que detrás de todos os males do mundo está unha sociedade brutalmente inxusta que obriga aos mociños subsaharianos a arriscar as súas vidas para malvivir en Europa. Falastes algunha vez con eles? Porque moitas veces, vós os da esquerda caviar pasades ao seu lado e non os vedes. Eu si falei, e sei do frío que se pode chegar a pasar tentando vender unha pulseira nestas nosas terras galaicas. Achegádevos á xente e deixade as poltronas nas que moitos por candidez e outros por influencia dos medios vos sentaron. Nós, a xente, os cidadáns así o pedimos... E se non o facedes sede conscientes de que vós estades incubando o ovo da serpe... A historia así nolo ensina. Así que por favor, menos roldas de prensa e máis acción práctica.

2 Bisbardos

A min o que me gustaría saber é cantos refuxiados admite a señora que tanto fala na súa casa

1 Benchosei

Só che fixo falta empezar a frase con: Eu non son racista, pero............

1 Nefelibata

Eu creo que se precisan campañas de concienciacion sobre este tema. Por exemplo un deses alcaldes acollendo umha familia ou un tan sequera. A xente tende a tomar exemplo e asi desbotarianse moitos topicos cos que nos atopamos os defesores da acollida.