A Xunta céntrase este ano en erradicar especies invasoras como o mapache e o bambú xaponés

Tamén prestará especial atención ás especies exóticas invasoras en espazos Rede Natura, principalmente, á coñecida como herba da Pampa.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 07/03/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A Xunta acaba de activar unha nova operación de erradicación de especies invasoras e este ano actuará, principalmente, contra o mapache e o bambú xaponés. Así figura na estratexia que quere poñer en marcha a consellería do Medio Ambiente, que acaba de destinar máis de 370.000 euros para tentar conter unha praga que está poñendo en perigo a flora e a fauna autóctona do país.

Exemplares de herba da Pampa, unha especie invasora que ameaza a flora autóctona
Exemplares de herba da Pampa, unha especie invasora que ameaza a flora autóctona | Fonte: EU Narón

Esta iniciativa forma parte das propostas realizadas dentro do Plan estratéxico para a xestión das especies exóticas invasoras en Galicia que dispón dun sistema de análise de riscos. Uns riscos que para a Dirección Xeral de Patrimonio Natural concéntranse nos vindeiros meses, especialmente, en catro especies vexetais e unha especie animal.

A campaña  estará deseñada en cinco fases. E, entre estas fases, están campañas de erradicación da Fallopia Japonica ( bambú xaponés), medidas de erradicación da Cortaderia selloana ( herba da Pampa), o Carpobrotus (dente de león)  e a Agove Americana ( pita), poñer coto ao procyon lotor (mapache), así como medidas de erradicación temperá de especies exóticas invasoras e campañas informativas sobre a problemática das especies invasoras.

Para realizar estas funcións, a empresa adxudicataria do servizo terá que nomear a un director do equipo técnico que deberá posuír unha titulación superior universitaria en bioloxía, ciencias ambientais, enxeñería de montes ou titulación equivalente e que acredite un mínimo de cinco anos de experiencia en traballos relacionados coa xestión de especies exóticas invasoras. Estará ao fronte dun equipo de catro persoas, entre os que estará un xefe de cuadrilla, tamén con experiencia de campo, e dous peóns.

De 15 a catro meses de traballo

Mapache
Mapache | Fonte: bioenciclopedia.com

A duración do traballo será de entre catro meses –para as tarefas informativas--, ata 15, que será cando rematen os traballos de erradicación das especies exóticas vexetais. Os traballos de erradicación do mapache serán de dez meses.

A introdución deste tipo de especies invasoras está a ocasionar danos a importantes espazos naturais e tamén está a afectar a zonas agrarias, gandeiras e forestais. “Moitas pragas da nosa agricultura actual son especies exóticas invasoras que provocan graves danos sobre a produción”, apunta a Xunta. E entre elas está, a praga da pataca, que está a causar estragos e explotacións de todo o norte do país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Silvia

A Xunta céntrase en erradicar especies foráneas coma o mapache e o Bambú xaponés... Ao Eucaliptus nitens sen embargo ponlle unha alfombra vermella e senta as bases dunha Galicia ao servizo das pasteiras e produtora de cultivos enerxéticos. Tómannos por parvos

2 Representante das vítimas

Solicito a Galicia Confidencial seguir o exemplo e erradicar especies invasoras como o nostrus e o Buffff por propagandistas do nacionalismo espanhol.

1 Sep

A ver si e verdade

1 Representante das vítimas

A ver se os botamos. Non se pode permitir que venhan insultar e rir de nós.