Un xefe de servizo de Povisa e a UVigo desenvolven un novo sistema de detección "rápida" de cancro bucofarínxeo

O xefe de servizo de Otorrinolaringoloxía do Hospital Povisa, o doutor Roberto Valdés, en colaboración coa Universidade de Vigo, desenvolveu unha nova tecnoloxía, baseada en biomarcadores ópticos, para identificar de forma rápida e incruenta se un paciente padece ou está a desenvolver un cancro bucofarínxeo.

VIGO | 08/03/2017 | Actualizada ás 19:42 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O xefe de servizo de Otorrinolaringoloxía do Hospital Povisa, o doutor Roberto Valdés, en colaboración coa Universidade de Vigo, desenvolveu unha nova tecnoloxía, baseada en biomarcadores ópticos, para identificar de forma rápida e incruenta se un paciente padece ou está a desenvolver un cancro bucofarínxeo.

Este sistema foi presentado como tese doutoral de Valdés na Universidade de Vigo, e o seu contido xa foi publicado polas revistas científicas 'Journal of Raman Spectroscopy' e 'Journal Interenational of Biomedical Engineering and Technology'.

Ademais, a partir dos resultados obtívose unha patente que foi licenciada a unha empresa española para a fabricación dun aparello --que comezará a funcionar proximamente en Povisa-- para determinar se un paciente padece ou está a desenvolver un carcinoma bucofarínxeo.

Este método consiste en analizar a mucosa do paciente mediante espectroscopia Raman, e permitirá substituír o actual sistema de diagnóstico deste tipo de tumores, baseado na inspección de cavidades e na toma de biopsias das lesións sospeitosas mediante "un método cruento, lento e parcialmente subxectivo".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta