Temas: SEGURIDADE USO

Denuncian a falta de pagamento de salarios aos vixiantes nas instalacións de Defensa en Galicia

O sindicato USO considera "inadmisible" que a Administración contrate a empresa Seguridad Integral Canaria, que mantén débedas cos traballadores e imputada por fraude fiscal.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/03/2017 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

A Federación de Traballadores de Seguridade Privada do sindicato USO denuncia falta de pagamento de salarios por parte da empresa Seguridad Integral Canaria, aos traballadores adscritos ao servizo de vixilancia das instalacións do Ministerio de Defensa en toda Galicia.  A FTSP-USO, considera "inadmisible" que a Administración contrate cunha empresa que "acumula atrasos no pagamento das nóminas, embargos da Seguridade Social, declaracións fraudulentas a Facenda e multitude de denuncias".

Protesta contra a empresa Seguridad Integral Canaria
Protesta contra a empresa Seguridad Integral Canaria | Fonte: USO.

O sindicato lembra que en innumerables ocasións denunciou ante a Inspección de Traballo á empresa Seguridad Integral Canaria, polo seu "incumprimento sistemático" do Convenio de Seguridade Estatal, "en concreto no referente ao pagamento dos salarios aos traballadores, algúns dos cales non percibiron aínda a nómina de febreiro", indican.

"Esta empresa está imputada pola Axencia Tributaria dunha fraude fiscal por pagar en 'B' conceptos retributivos fóra da nómina oficial, aboar irregularmente os salarios e multitude de denuncias en todas as inspeccións provinciais de Traballo por irregularidades manifestas", explican dende USo.

Iván Blanco, secretario estatal de Organización da FTSP-USO, considera "rexeitables estas prácticas da empresa" e fai "responsables" a "todas as institucións que, sendo contratistas, non manteñen algún control sobre estas situacións, senón que continúan adxudicando a empresas piratas", neste caso a Seguridad Integral Canaria, "multitude de contratos de seguridade, amparando por tanto a continuación da mala xestión empresarial".

"É inadmisible que as Administracións continúen sen esixir as responsabilidades a estas empresas piratas cos seus traballadores, coa Seguridade Social e coa Facenda pública, mentres seguen operando e crecendo no seu volume de negocio á conta das mesmas administracións que son a que deben velar polo cumprimento das normas", denuncian.

Temas: SEGURIDADE USO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta