Por GC Emprende | A Coruña | 14/03/2017 | Actualizada ás 08:52
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, inicia un proceso de selección co obxectivo de contratar a persoal investigador en formación que desexe realizar unha tese de doutoramento enfocada a unha das 22 liñas de investigación seleccionadas polo Centro.
O prazo para a recepción de solicitudes permanecerá aberto ata o próximo 15 de marzo. Entre os requisitos que deben reunir os candidatos atópase o feito de estar matriculado nun programa de doutoramento dunha universidade española, ou ben cumprir cos requisitos para poder ser admitidos nun programa de doutoramento durante o curso 2016/2017.
Todos aqueles interesados deberán cubrir o formulario electrónico de solicitude dispoñible na web do CITIC.
As 22 liñas de investigación seleccionadas polo Centro para realizar as teses de doutoramento son:
1. Computational Methodologies for the analysis of new modalities of medical imaging.
2. Development of New Deep learning-based approaches for Computer Vision Applications.
3. Aprendizaxe automática.
4. Informática Biomédica.
5. Estruturas de datos e algoritmos para procesamento eficiente de datos masivos.
6. Automatización do desenvolvemento de software: Métodos, tecnoloxía e plataformas.
7. Técnicas de Intelixencia Artificial en Enxeñería Civil.
8. Solucións tecnolóxicas para o desenvolvemento de modelos de saúde participativa e empoderamiento das persoas maiores para o seu benestar e o envellecemento activo.
9. 5G radio interface techniques.
10. Internet of Things (IoT).
11. Sistemas concorrentes e distribuídos.
12. Validación automática.
13. Bioinformática.
14. Recuperación de Información e Sistemas de Recomendación.
15. Computación de Altas Prestacións: Software e Aplicacións.
16. Arquitectura de Computadores.
17. Novos retos en finanzas cuantitativas: tipos negativos e volatilidade estocástica.
18. Modelado e simulación numérica de procesos industriais.
19. Técnicas e metodoloxías de seguridade en redes de comunicacións utilizando técnicas de análise masiva de información para a detección de intrusiones e outros tipos de ataque.
20. Técnicas e metodoloxías de seguridade en redes de comunicacións utilizando datos procedentes de dispositivos IoT para a predición de posibles anomalías.
21. Big-but-baised data (datos de gran volume pero nesgados).
22. Sistemas de axuda á decisión en problemas de rutas ópticas con replanificaciones periódicas.
Sobre o CITIC
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) é un Centro Tecnolóxico da Universidade da Coruña cuxo obxectivo é fomentar a I+D+i aplicada nas TIC. Supón un punto de encontro entre Universidade e Empresa no que se combinan departamentos de I+D de empresas con investigadores universitarios, constituíndo unha contorna mixta que posibilita a colaboración e a transferencia de coñecementos. Nel traballan máis de 200 investigadores distribuídos entre 3 Áreas Tecnolóxicas de actividade e 12 grupos de investigación. Entre as súas actividades atópanse a transferencia tecnolóxica e do coñecemento, o desenvolvemento de Proxectos de I+D, a vixilancia tecnolóxica ademais de potenciar a innovación empresarial e a relación Universidade-Empresa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.