Santiago acollerá este xoves o encontro para expertos das tecnoloxías da información 'SUSE Expert Days'

A empresa pioneira en software de código aberto SUSE celebrará este xoves, 16 de marzo, o seu encontro para expertos 'SUSE Expert Days' en Santiago de Compostela.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2017 | Actualizada ás 18:33 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A empresa pioneira en software de código aberto SUSE celebrará este xoves, 16 de marzo, o seu encontro para expertos 'SUSE Expert Days' en Santiago de Compostela.

Este evento, dirixido a profesionais das tecnoloxías da información, incluirá charlas e demostracións técnicas, co obxectivo de ofrecer unha visión do estado do ecosistema do software libre en Galicia.

Durante esta xornada poderanse coñecer de primeira man as novidades de SUSE para este ano 2017 e incluirase a participación do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e da Asociación de Empresas Galegas de Software Libre, ademais do apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica e a Xunta.

Tamén, segundo informa a empresa organizadora, trataranse outros temas de interese para os profesionais galegos, como a transformación dixital, centros de datos definidos por software, sistemas de misión crítica ou xestión integrada de contornas Linux.

O evento realizarase na Cidade da Cultura de Galicia, no auditorio 1 do Centro de Innovación Cultural CINC.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta