Santiago de Compostela | 21/03/2017 | Actualizada ás 18:38 por EUROPA PRESS
A Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou parcialmente o recurso interposto pola entidade Ventauria Enerxía Rural e condena á Xunta a abonarlle uns 842.000 euros, máis intereses, polo cambio do modelo de aproveitamento eólico, segundo informa o alto tribunal galego.
A sentenza declara a responsabilidade patrimonial da Xunta por "danos e prexuízos" sufridos pola empresa como consecuencia, en 2009, da decisión do Executivo galego de suspender a tramitación de procedementos de autorización de instalacións mentres non se aprobaba a nova lei que cambiou o modelo de aproveitamento eólico.
O tribunal condena á Xunta a abonar á recorrente algo máis de 842.000 euros, máis os intereses legais desde a data da reclamación en vía administrativa.
Faino porque entende que a empresa viu frustrada "de forma sobrevinda" a posibilidade de desenvolver as instalacións que foron obxecto dos expedientes de autorización dos parques eólicos Porteliña, Outeiro do Home, Coto da Lebre e San Sebastián.
RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL
A entidade Ventauria Enerxía Rural S.A. impugnou nesta vía xurisdicional a desestimación presunta da reclamación de responsabilidade patrimonial da Administración polos daños e prexuízos sufridos como consecuencia da aplicación da Lei 8/2009.
Na demanda solicitábase a cantidade de 15.408.487 euros en concepto de indemnización, aínda que a sentenza rebaixa o daño reducindo a contía. Entre outras cuestións, a letrada da Xunta de Galicia alegou a prescrición da acción de responsabilidade patrimonial.
Argumentou tamén que, de haber algún daño producido para a recorrente, nacería da propia resolución de desistimiento do concurso eólico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.