O Consello da Cultura pide un cambio no modelo de ensino infantil para mellorar o uso do galego

Un informe deste organismo aposta pola "afectividade" e a "emotividade" para incrementar o uso do galego por parte dos máis novos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2017 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

Un informe do Consello da Cultura Galega (CCG) aposta pola "afectividade" e a "emotividade" para incrementar o uso do galego por parte dos mozos, á vez que chama a "cambiar o modelo de ensino" da lingua en infantil para conseguir este obxectivo.

Festa de apertura da escola Semente de Trasancos, en Narón
Festa de apertura da escola Semente de Trasancos, en Narón | Fonte: facebook semente trasancos

Segundo este informe, a vía "máis eficaz" para incrementar o uso do galego entre os mozos é "a creación dun espazo de solidariedade co galego", movido pola "afectividade e a emotividade", por enriba das vías máis institucionais, como o ensino e os medios de comunicación.

O informe revela "un patrón maioritario de valoración positiva do galego" entre os mozos, "mesmo entre os castelanfalantes", aínda que son "pesimistas sobre o seu futuro".

O hábitat de residencia móstrase como o marcador máis relevante para entender os usos lingüísticos da mocidade, onde o urbano é o hábitat con menos uso do galego, fronte ao rural. A falta de trasmisión xeracional, de pais a fillos, relévase como a causa fundamental da desgaleguización.

Segundo o Consello, a escola é "un lugar importante para a aprendizaxe da lingua", pero "non funciona como lugar de dinamización do uso do galego" e "non contribúe a cambiar o estatus da lingua".

O informe aposta por cambiar o modelo de ensino entre os 0 e os 6 anos en favor dunha oferta de educación infantil en galego. "As estatísticas revelan que as familias preparan aos nenos para o cambio tamén lingüístico que esperan na escola, o cal supón un importante factor de desgaleguización", apuntaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

6 urco

Umha Xunta genocida proibiu impartir pre-escolar em galego no 90 p.c. dos centros das 7 cidades quando um 40 p.c. dos pais desse ambiente urbano demandavam activamente aulas na unica lingua que o estatuto da Galiza reconhece como propria. O objectivo de castelhanizar o pais eh evidente num pp galegofobo.

5 Mufasa

Que tontería. A ver si por ser musulmanes y hablar árabe en casa vamos a ser malos gallegos o malos españoles.

4 Gallego sin BNG

O pior que lle pasou ao galego foi asocialo á imposición e ao BNG e os seus chiringuitos upegallos, odiados polo 98% dos galegos. Doutra banda esa xente afortunadamente non ten fillos co que se perde ese elo fundamental que caracterizou a tantas familias conservadoras do rural galego.

3 Bufffito

Se acaba el negocio, y les tiemblan las carnes... No hay nada que hacer. El progreso es imparable. Por mucho que se promocionen los carros, que de forma demagógica se promocionen, la gente va a seguir usando tractores porque machaca menos el cuerpo. Con la lengua ocurre otro tanto. Es por encima de todo un instrumento de comunicación entre hombres. Y no da el mismo chollo usar una lengua de primera como el español que otra de segunda o tercera como el gallego que está asociado al nacionalismo empedernido y la Galicia profunda, que apenas tiene cultura escrita, carece en absoluto de ciencia o técnica, posee un vocabulario limitado y para usos pretendidamente cultos en su mayoría artificioso, etc.

1 MNG

A incultura si que é moi atrevida. O que careces de vocabulario es ti, indaga un pouco. E por certo, como científico que son, a min o español non me serve para nada.

3 Un de paso

Non entendo que gusto pode atopar vostede en tratar de ofender aos que falamos galego. Pero non se dà conta de que os seus prexuízos cara á miña lingua son os mesmos que teñen cara á súa lingua moitas persoas noutras partes do mundo? Lendo este comentario e outros similares en GC creo que todo isto xa non se trata só dunha cuestión de ideas, e que comeza a ter que ver coa educación de cada quen.

4 Apaña_cientisfica

Ojú que avansamos, er mundo é máj limpio desque la RAE inventó la toballa.¡ Che Mariiii...dame dezo!

5 nostrus

En cuestion de categoria de linguas non é que o español sexa de primeira e o galego de terceira, porque para ser exactos o galego non esta entre as cen primeiras. Non se trata da categoria das linguas, sinon que se trata de igualar os dereitos dos falantes de duas linguas oficiais en Galicia.

6 Eloi

O debate lingüístico en Galicia encheuse de caspa desde que apareceu Galicia Bilingüe, Ciudadanos, UpyD e merdas similares. O PP tiña unha mínima consideración co galeguismo pero a estes incultos, aculturados do carallo non hai por onde collelos. A mostra máis patética foi o debate das autonómicas coa tía de Ciudadanos aterrando aquí de paracaídista como se estivera en Murcia. O Buffito este debe ser deses.

7 nostrus

Eloi, que saibas que a tipa esa de C´s a que ti te refires é a mais coherente e con mais agallas, porque dase a circustacia de que moitos dos politicos teñen como lingua propia o castelan e falan o galego ante a camara para facer o paripé. C´s, UPyD e Galicia Bilingüe non loitan polo castelan, sinon que loitan polos direitos das personas a usar a lingua que prefieran. Para caspa e m*rda a que hai arredor do nacionalismo que trata de evanxelizarnos e só o consigue con quen lle fai caso.

8 Eloi

Andaba Albert Rivera en cueiros e aquí xa había un Estatuto de Autonomía promovido maioritariamente por non nacionalistas. Ide rezar o evanxeo alá a Murcia. Casposos do carallo.

9 nostrus

Eloi, ¿por que tengo que ir rezar a Murcia?. No te das cuenta de que el casposo y fachilla eres tu y te pones a la altura de los ofrecidos a la Virgen de los Remedios que exigen a los demas que tambien se ofrezcan. Si tu estas ofrecido al gallego es tu problema, pero los demas no tenemos porque estar ofrecidos a nada y la tipa de C´s tiene libertad para elegir su lengua del mismo modo que Callón la tiene para elegir su orientacion sexual.

2 trolls de terceira B

nostrus e nexus 6, levo como seis horas dende que saiu esta noticia agardando que vinherades orneiar e non vos dignástedes aparecer. Non hó, aparecedes agora á noite cando tenho que marchar. Incluso para seren troll hai que estar ó choio.