Sogama imparte un curso en liña para profesorado da Xunta sobre xestión de residuos e economía circular

Sogama impartiu un curso en liña destinado a profesorado dependente da Xunta de Galicia sobre economía circular e xestión de residuos que foi impartido a través do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2017 | Actualizada ás 19:32 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Sogama impartiu un curso en liña destinado a profesorado dependente da Xunta de Galicia sobre economía circular e xestión de residuos que foi impartido a través do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).

O curso, de 50 horas lectivas e composto por dez temas, empezou a impartirse o pasado mes de febreiro baixo o título 'A xestión dos residuos urbanos na economía circular', segundo informou Sogama este luns.

Entre os temas tratados no curso, que finalizou recentemente, estivo a "problemática derivada da inxente cantidade de lixo producido cada día" ou "a situación da xestión dos residuos en España e Europa".

Ademais, os participantes tamén abordaron outras cuestións como o marco normativo actual, o Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020, o "principio do tres erres", a compostaxe doméstica ou a economía circular "como gran concepto e aposta de futuro".

De feito, para aprobar o curso, os profesores convertidos en alumnos tiveron que realizar unha actividade práctica sobre economía circular, ademais de pasar as probas de coñecementos asociados a cada área de estudo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta