Temas: CELTA CAMBRE

Cambre enléase co Celta

O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, en nome do Concello, así como o concelleiro de Cultura, Daniel Carballada (BNG), pediron desculpas publicamente polo comunicado no que o Consistorio ofrecía con 'retranca' ao Real Club Celta un campo de fútbol e un "galpón" ao "segundo clube de Galicia". O concelleiro de Deportes anuncia a súa dimisión.

Por E.P. | VIGO | 10/04/2017 | Actualizada ás 21:46

Comparte esta noticia

O alcalde de Cambre (A Coruña), Óscar García Patiño, en nome do Concello, así como o concelleiro de Cultura, Transportes e Mobilidade, Daniel Carballada (BNG), pediron desculpas publicamente polo comunicado emitido este luns no que o Consistorio ofrecía con 'retranca' ao Real Club Celta de Vigo un campo de fútbol.

Imaxe do estadio municipal de Balaídos.
Imaxe do estadio municipal de Balaídos. | Fonte: GC

O rexedor de Cambre, nun comunicado 'oficial', manifestou que trasladou as súas desculpas ao presidente do Real Club Celta e "nas próximas horas" falará co seu homólogo olívico, Abel Caballero, posto que, asegurou, o escrito "non representa en absoluto o sentir do Concello de Cambre nin do alcalde".

Así as cousas, tras pedir desculpas "a todas aquelas persoas que se puideron ofender co texto", anunciou que a primeira hora deste martes celebrarase unha xunta de goberno local na que se abordará este tema cos edís do executivo para tratar de "aclarar o sucedido".

Pola súa banda, o concelleiro Daniel Carballada recoñeceu noutro comunicado 'oficial' que foi el quen redactou "da primeira á última palabra da devandita nota", a pesar de que "por un erro propio do formato de papel timbrado" o comunicado ía asinado polo edil de Deportes, Brais Cubeiro. "Cubeiro non tivo absolutamente nada que ver co envío da devandita comunicación", mantivo. Malia a todo, Cubeiro emitiu unha nota na que anunciou a súa dimisión. "Non estou en política para facer bromas nin faltar ao respecto a ninguén", apuntou Cubeiro.

En todo caso, aínda que matizou que a carta estaba escrita "con sorna e 'retranca', facendo bandeira dunha rivalidade sa e ben entendida dentro do ámbito do fútbol", admitiu que "foi un erro enviar ese texto co formato da institución, xa que o Concello de Cambre e o Goberno local foron alleos en todo momento ao escrito remitido aos medios".

A continuación, o edil lamentou "profundamene o dano causado na sensibilidade" dos demais membros da Corporación, dos veciños da localidade e de "toda a familia do Celta" polo seu comunicado, que suscitou numerosas reaccións nas redes sociais, e sostivo que non hai "nada máis lonxe da --súa-- intención que incitar comportamentos violentos".

No comunicado ofrecíase ao Real Club Celta de Vigo un campo de fútbol na parroquia de Cecebre, coñecido como 'Campo da Balastreira', coas "condicións óptimas" para acoller ao equipo vigués, ben comunicado, e mesmo cun "galpón de dous metros cadrados onde habería espazo dabondo para acoller as vitrinas do Celtiña", o "segundo clube de Galicia".

Temas: CELTA CAMBRE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 Gamela

sabíades que o jalpón sáenos en 30 millóns ! https://flic.kr/p/NG6EzJ

5 Bng=Pp

Carballada (Bng): "Metín a pata pero non a man". http://www.laopinioncoruna.es/gran-... Maillo (Pp): "No es lo mismo meter la pata que la mano”. http://www.deia.com/2017/02/21/poli...

4 Bufffito

Y para más inri, algo apostaría yo que a Dani Carballada, debido a sus circunstancias personales, no le gusta el fútbol.

3 (b)loquito

Menuda paiasada na que gasta o tempo este, esperemos que non fora en horas de traballo. Máis non debería pasar de pedires desculpas públicas por semellante chorrada e punto. Outros non dimiten por roubares, enganares,despilfarrar, matar a xente de forma neglixente... e incluso ocultar e defender a pederastas. Menudo exemplo o Cubeiro a ver se toman nota os demáis. Manda carallo que tomar unha coca-cola ou esta parida sexan noticia cós políticos que temos.

1 Non sairá no Sermóns

Claro, empregar de forma ilegal a imaxe de toda unha corporación municipal para atacar a outro concello e suplantar a identidade dun edil é unha “chorrada”. Pero se o tivese feito alguén das mareas estariades pepeiros, sociatas e blocallos pedindo a súa cabeza coma unha soa voz. De tando trolear, xa non disitinguides.

2 (b)loquito

Mama mía que pecado máis grande. Que suplantou? se a carta vai nun claro tono de mofa e sarcasmo sen intención de enganar a ninguén . Se alguén ten que dicir algo será a entidade do Celta a súa afeción ou o Concello de Vigo non os semideuses da valoracion do ben é do mal. Empregar de forma ilegal? decides ti tamén o que é legal ou non. Non vou defender este erro estúpido, pero non ten maior importancia que a que os aproveitados de sempre lle queredes dar.

2 comunista independentista

Vaites. Caeu a cúpula do Benito Trolleada Bloqueira. E como era de esperar, en nada que os descobren, son uns cagóns.