Berrobambán estrea en Salvaterra do Miño (Pontevedra) o último espectáculo de Paula Carballeira, 'A Deshoras'

A compañía compostelá Berrobambán estrea este sábado o seu último espectáculo para público familiar, 'A Deshoras', de Paula Carballeira, inspirado en poemas de Jacques Prévert. A representación terá lugar na Casa da Cultura de Salvaterra do Miño (Pontevedra).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2017 | Actualizada ás 09:31 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A compañía compostelá Berrobambán estrea este sábado o seu último espectáculo para público familiar, 'A Deshoras', de Paula Carballeira, inspirado en poemas de Jacques Prévert. A representación terá lugar na Casa da Cultura de Salvaterra do Miño (Pontevedra).

Despois da súa primeira presentación pública o 31 de marzo fronte aos escolares do Concello de Brión, Berrobambán presenta esta vez para a todo o público este espectáculo pensado para familias con nenos a partir de 4 anos.

A montaxe baséase en coñecidos contos tradicionais para tratar temas como a vellez ou a soidade a través dun espectáculo "mudo, tenro, e sorprendente".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta