A Sectorial TIC da CRUE celebra en Santiago a súa asemblea e unha xornada sobre a seguridade da información

A Sectorial TIC da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) reunirase na Universidade de Santiago (USC) para celebrar a súa asemblea e unhas xornadas sobre a seguridade da información nas universidades.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2017 | Actualizada ás 17:53 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Sectorial TIC da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) reunirase na Universidade de Santiago (USC) para celebrar a súa asemblea e unhas xornadas sobre a seguridade da información nas universidades.

Esta sectorial, segundo explica a USC, ten como cometido o estudo das necesidades e aplicacións destas tecnoloxías na xestión, a docencia e a investigación, propondo actuacións e proxectos conxuntos.

As sesións terán lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñaría, onde este xoves ás 16,00 horas empezará a súa asemblea, á que asistirá o reitor compostelán, Juan Viaño, e na que intervirá o seu presidente, Juan Gómez Ortega, reitor da Universidade de Xaén.

A xornada técnica comezará pola mañá e nela participarán responsables de servizos dixitais, de informática e TIC das universidades españolas, que tratarán cuestións relacionadas co estado actual das tecnoloxías da comunicación á vez que presentarán iniciativas de éxito implementadas co fin de aproveitar sinerxías.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta