Concertos, recitais e ata unha concentración moteira para homenaxear a Carlos Casares

Xinzo de Limia centralizará os actos institucionais do 17 de maio e Compostela acollerá a manifestación de Queremos Galego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2017 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

Galicia celebra a vida e obra de Carlos Casares este 17 de maio, levando a súa palabra e o seu recordo a través de todo tipo de actos que se estenderán ao longo de toda a xeografía galega, como recitais, actuacións musicais, exposicións e ata unha concentración moteira.

Carlos Casares
Carlos Casares | Fonte: RAG.

O municipio de Xinzo de Limia, en Ourense, será o epicentro dos eventos conmemorativos, onde a Real Academia Galega celebrará unha sesión extraordinaria e pública no salón de plenos do Concello, ás 11.30 horas.

O pleno contará coas intervencións de diversos académicos, entre eles Fina Casalderrey, Henrique Monteagudo, Xesús Alonso Montero e o propio presidente da Academia, Víctor Fernández Freixanes. Ademais, contará coa presenza de diversas autoridades, entre eles o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Posteriormente, os actos institucionais desprazaranse á Praza Carlos Casares, onde se descubrirá unha placa conmemorativa, realizarase unha interpretación do himno galego a cargo da banda de gaitas municipal, realizarase unha lectura de textos do autor e unha breve actuación de María do Ceo.

O programa conmemorativo da localidade contará cunha feira do libro en galego, un roteiro Carlos Casares, teatro infantil e unha concentración de Harley Davidson, lembrando a gran afección polas motos do homenaxeado.

'CONCERTO DAS LETRAS'

O municipio de Ourense tamén acollerá unha batería de actividades conmemorativas na semana das Letras. O luns 15, na Praza de San Martiño, celebrarase unha actividade escolar e unha actuación de Raquel Queizás e o martes, descubrirase unha placa de homenaxe a Carlos Casares nos xardíns Bispo Cesáreo. O mesmo día 17 de maio, haberá distintos postos de venda de librarías ourensás, un roteiro dedicado á figura do autor e diversas actividades de música e maxia.

Todas estas iniciativas súmanse á exposición que permanecerá na Sala Valente ata o próximo 21 de maio, 'Os mundos de Carlos Casares', que repasa a súa figura, obra e o tempo do autor con máis de 500 pezas ligadas á súa traxectoria vital.

Ademais, na véspera do 17 de maio, o Consello da Cultura Galega celebrará o tradicional 'Concerto das Letras Galegas', cita anual que nesta ocasión celebrarase no Auditorio de Ourense ás 20.30 horas.

MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA

A capital galega, pola súa banda, celebrará o seu acto institucional na véspera das Letras Galegas, cunha lectura de fragmentos da obra de Casares por parte dos veciños e a actuación da Banda Municipal de Música, ás 19.30 horas, na praza Carlos Casares de San Lázaro.

A maiores, realizarase unha representación de 'A Galiña Azul' no Teatro Principal, diversas actuacións musicais e unha visita guiada polos lugares emblemáticos relacionados co homenaxeado por toda Compostela, entre outras.

Santiago tamén acollerá a tradicional manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego, que sairá da Alameda coa lema 'En galego sen límites'.

Na Coruña, pola súa banda, celebraranse obradoiros, concertos, palestras, concertos e recitais poéticos, no marco dunha programación de 42 actividades organizada en colaboración con 12 librarías da cidade a partir do luns 15 de maio.

O acto principal será a celebración, por segundo ano consecutivo, dunha lectura pública desde o balcón do Pazo de María Pita en homenaxe a Carlos Casares, o mesmo 17 de maio.

OUTROS MUNICIPIOS

Pola súa banda, en Pontevedra, ademais da extensa programación planeada para o mes das Letras, realizarase unha alfombra floral e un acto popular de homenaxe, coa actuación da Coral Polifónica de Sobradelo, do Coro da Asociación Sociocultural do Burgo e da Banda de Música, xunto a un recital poético.

En Lugo, actuará a Banda Municipal e celebrarase un festival de danza tradicional de nenos dos colexios da cidade, ademais dun concerto coral dedicado ás Letras Galegas.

En Vigo, o Auditorio Municipal do Concello acollerá o concerto 'Letras Galegas', que correrá a cargo da Orquestra Clásica de Vigo en homenaxe a Carlos Casares.

O conxunto interpretará obras de Juan Eiras e M. Argibay que estarán acompañadas da lectura de contos e textos do homenaxeado extraídos da obra 'Os escuros soños de Clío' por parte de Silvia Penas, Iolanda Zúñiga e Lina Pérez.

Así mesmo, a Biblioteca Xosé Neira Vilas ofrece unha exposición coas principais obras de Casares e outras das máis significativas da literatura galega, que se completa cunha mostra de carteis conmemorativos das Letras Galegas doutros anos. Ambas permanecerán para a súa visita ata o 31 de maio.

Neste mesmo espazo, celebrarase unha sesión especial de conta contos para público adulto da man de Soidade Felloza, o mércores 16 ás 19.30 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 undecompostela

Non entendo tanta xenreira ao idioma propia de galiza asi coma que escriban comentarios dicindo que o dia das letras galegas llo den a alguen que escriba en castelán, Primeiro teria que cambiarlle o nome. Tanta xenreira deberiana mirar porque non é normal, moitos fachorros acomplexados anda por aquí, nin caso

4 nostrus

El próximo miercoles habrá macrobotellón y muchos nacinalistas llegarán al éxtasis a cuenta del gallego, enhorabuena a todos para que tengan un dia feliz plagado de ilusiones y fantasias y para que no se metan en lios.

1 Camelofarlo

E algúns "comerciantes" faremos o mellor día do ano. Xa estamos a encher as nosas despensas, das mellores sustancias, para ter todo ben previsto para tan fiel clientela

3 ElReyDelMambo

Queridos amigos y amigas que calcetan al andar, arte, salero.... Ya salió la mani de Qu€r€mo$ gal€go $ubv€ncionado...Temas como este solo pueden tratarse en serio desde una base de partida: la Constitución española de 1978 que nos configura como una sola nación española que cuenta con un solo estado unitario y el vínculo de una lengua común, que todos los españoles deben conocer. Junto a esta, pueden cultivarse las lenguas regionales o minoritarias. Pero la natural acogida que debe darse a quienes cultivan con rectitud su propia lengua regional, en ningún caso puede inducir a favorecer ideas como las que arguyen estos de la mani con un claro cariz político, segregacionista, pugnaz y de mantenimiento del negocio. Un cordial saludo y biquiños para Kollontai. Fdo: El Rey del mambo (antes Pugnaz).

1 Kollontai luguesa

A ver, ho, eu quería contestarche pero deixáchesme abraiada co seudónimo e os biquiños. Vaites, que cousas me pasan... En fin, se existes (porque aquí xa se sabe...) benvido ao debate esteamos ou non de acordo, que vai ser que non... De ser ti quen dis ser, porque aquí xa se sabe...

2 Kollontai luguesa afouta

Eu xa escollín o libro para agasallar ese día, pero hai moitas posibilidades de agasallar cultura galega. Usemos a imaxinación e a seducción para conseguir mil primaveras máis para a lingua e a literatura galega. Feliz Día das Letras Galegas. Feliz Día da Cultura en lingua galega e ogallá un día non precisemos dunha data para lembrala porque xa non será algo habitual ler, asistir ao teatro ou escoitar música en galego. A ver se temos afouteza e facemos algo de bo entre todos. E a vós mareantes e bloqueiros me dirixo especialmente. Que conste, que non vou deixar de criticar as trapalladas veñan de onde veñan e proanlle a quen lle proan! Aos que queiran insultarme xa lles vou dicir que aforren o esforzo. Ciao por hoxe e xa veremos ata cando.

1 Kollontai luguesa afouta

Quería escribir xa será algo habitual... E non "xa non será algo habitual". Ciao amores!

2 nostrus

Moi ben luguesa, eu tamen o son (de Lugo inda que xa non vivo ali), pero mellor seria que o dia das letras galegas fose adicado a escritores das linguas de Galicia. Ogallá chegue o dia que en Galicia excasee a xente que rife pola lingua e cada un fale o que lle pete sin pedir permiso a ninguén e os forofos e devotos dunha lingua estean a mesma categoria que os forofos dun equipo de futbol ou os devotos dunha relixion, que inda que podan selo en liberdade non lle esixan aos demais que tamen o sexan. Bicos luguesa, que seguro que non eres tan fanática como te fas ver.

3 Kollontai luguesa

Niso andamos, pero antes cómpre conseguir unha verdadeira igualdade. Ti sábelo tan ben coma min. De todos xeitos é de agradecer que, malia estando tan lonxe ideoloxicamente, poidamos ter unha conversación "civilizada"... Xa sabes que por aquí esas posibilidades non abundan porque anda a policía do pensamento... E a min aínda me caen enriba máis ca ti... Sexas quen sexas... Porque aquí poucos hai que sexamos quen dicimos ser.

1 Kollontai luguesa afouta

E ben merecidas. Casares foi un bo escritor e un home cuxo talante a prol do diálogo e da convivencia convén lembrar. Por certo, bo traballo o que están a facer dende a fundación que leva o seu nome. De todos os xeitos creo que moitos seguimos a botar en falta que non se impulsen máis campañas a favor de agasallar cultura galega ese día. Quizais as librerías poderían facer un esforzo e saír ás rúas, quizais habería que pensar en algo semellante ao Culturgal (aínda que fose menor)... En fin, un esforzo.