Abre o prazo para a presentación de candidaturas aos Premios da Cultura Galega 2017

A Consellería de Cultura convocou unha nova edición dos Premios da Cultura Galega, uns galardóns que teñen por obxecto apoiar a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da produción cultural de Galicia nos ámbitos das letras, das artes plásticas, das artes escénicas, da música, do audiovisual, da lingua, do patrimonio cultural e da proxección exterior.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2017 | Actualizada ás 09:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura convocou unha nova edición dos Premios da Cultura Galega, uns galardóns que teñen por obxecto apoiar a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da produción cultural de Galicia nos ámbitos das letras, das artes plásticas, das artes escénicas, da música, do audiovisual, da lingua, do patrimonio cultural e da proxección exterior.

As bases da nova edición destes premios publícase este venres no Diario Oficial de Galicia e os interesados en propor candidaturas terán como prazo desde este sábado, 27 de maio, ata o 26 de xullo.

Durante ese período, as institucións e entidades culturais ou profesionais, públicas ou privadas, relacionadas co obxecto de cada premio, poderán presentar as súas candidaturas, sen postularse a si mesmos.

Deberán facelo, tal e como se establece nas bases dos premios, por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta.

Nas próximas semanas designarase o xurado dos premios, que estará conformado por representantes da Consellería de Cultura e Educación, do Consello da Cultura Galega, da Universidade de Vigo (en representación do tres universidades galegas), da Real Academia Galega e da Real Academia Galega de Belas Artes, ademais de catro profesionais independentes.

En cada unha das modalidades, os Premios da Cultura Galega concederán unha única distinción e non poderá recaer máis dun premio na mesma persoa. O galardón consistirá nunha escultura ou obxecto conmemorativo realizado por un artista galego de recoñecido prestixio e nun diploma acreditativo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta