O neto de Fraga, da universidade directo ao Parlamento Europeo

O neto Manuel Fraga, Manuel Fraga Pedroche, traballa no Parlamento Europeo. Faino como asistente parlamentario de sete eurodeputados do PP..

Por Galicia Confidencial | Bruxelas | 02/06/2017 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

Segundo o seu perfil en Linkedin, Fraga Pedroche conseguiu ese posto nada máis rematar a licenciatura de Dereito na Universidade Complutense, en 2012. De acordo a El Cofidencial, o PP en Bruxelas asegura que, malia isto, o mozo cumpre o requisito do Parlamento Europeo, que establece que os asesores parlamentarios deben demostrar polo menos tres anos de traxectoria profesional. 

Manuel Fraga Pedroche nunha imaxe do seu Linkedin
Manuel Fraga Pedroche nunha imaxe do seu Linkedin

No citado perfil de Linkedin non especifica outra experiencia que a do propio Parlamento. O avogado presta asistencia aos eurodeputados Esteban González Pons, Pilar Ayuso, Rosa Estarás, Esther Herranz,  Verónica Lope, José Ignacio Salafranca e  Ramón Luis Valcárcel.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 anonimo

Isto había que contalo no 2012 e denuncialo no Parlamento Europeo no 2012. Agora só nos vale para fozar tan contentos coma sempra na nosa poza de m er. da. ¿Por qué ese xornal de ídem non mira o curriculo dos asistentes do Partido Podre que comezaron hai 3 anos ou menos, e experiencia que teñen? É unha pregunta retórica.

1 E dalle cos listos xe sempre

Ou sexa que para ti é o mesmo que en Europa estean as persoas elixidas por votación popular que os elixidos a dedo? Pero que carallo de idea tes ti da democracia, amigo? Unha cousa é defender o indefendible, outra cousas é pasarse polo forro...certos normas elementais de democracia. como ben se di noiutro comentario ainda quedan os que cren que os fillos de papá son máis listos que os da señora da limpeza, non si amigo? Cuidate e mírate o caletre.

1 Un que naceu de pé

Pero quen pon en dúbida, como dicia o inclito D. Manuel, que os fillos dos ricos son máis listos, máis finos que os fillos dos pobres? É unha constante xenética: canta máis fame menos desenvolvemento neuronal, non? O rapaz naceu en boas pallas e xa se sabe..el que a buen árbol se arrima...et.etc.Só nos queda buscar un padriño "listo" dos que hai no PP e que unha boa sombra nos dea acubillo. Non o tomedes a peito porque podedes padecer do pulmón dereito, porque o esquerdo...pobriño!! leva tantos anos fo..didiño que xa cáseque non o notamos.