Temas: EN MAREA

O Congreso aproba impulsar un Día das linguas ibéricas

“Convertéronse ao iberismo, seguindo os pasos xa marcados por Castelao, Joan Maragall, Miguel Torga ou Saramago?”, dixo Fernán Vello sobre a iniciativa impulsada polo PP e enmendada por En Marea.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 02/06/2017 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

A Comisión de Cultura do Congreso aprobou por unanimidade emprazar ao Goberno a cumprir a Carta Europea de Linguas Minorizadas, normalizando o galego en ámbitos como o da xustiza, entre outros. Foi no marco dunha iniciativa popular que apostaba por impulsar un Día das linguas ibéricas.

Miguel Anxo Fernán Vello
Miguel Anxo Fernán Vello | Fonte: enmarea.gal

O deputado de En Marea, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha emenda á proposición popular ao igual que ERC, relativa á Declaración do Día das Linguas Ibéricas, que foi aceptada polo grupo popular, para que o Goberno español asuma a Carta Europea de Linguas Minorizadas ou Minoritarias e impulse o galego e demais linguas cooficiais nos ámbitos da xustiza, do ensino, dos medios de comunicación e na estrutura da Administración Xeral do Estado “co obxectivo de normalizar a súa situación e contribuir á difusión das linguas cooficiais do estado”. 

Fernán Vello preguntouse se o PP de súpeto “converteuse ao iberismo, seguindo os pasos xa marcados por Castelao, Joan Maragall, Miguel Torga ou Saramago?”. “Sexan benvidos ao iberismo, que é un universo cultural e tamén político, que ensancha a visión e permite superar vellos esquemas unificadores, tan queridos a certa solfa de música centralista”, dixo

Política lesiva ao galego

O deputado de En Marea, que amosou o apoio á proposición do grupo popular, ademais da emenda de ERC, celebrou que se admite a súa emenda á vez que lembraba que “hai pouco o Consello de Europa, a través do Comité de Expertos, reprendeu á Xunta pola súa política lingüística lesiva para o idioma galego, sobre todo no ensino”. Advertiu ao PP que “mal iríamos celebrando un Día das Linguas Ibéricas cando unha delas sofre maltrato certo”. Nese sentido, solicitou incorporar a proposta de En Marea e emprazou a resolver a situación do galego.

En canto á proposición do PP stricto senso, Fernán Vello lembrou que xa Pessoa falou no seu día da existencia dun “espíritu ibérico”.

Na actualidade, puntualizou, existen propostas dun “iberismo” que entende que a España actual, “aínda tan refractaria ás linguas ibéricas (vexamos o que sucede co galego, euskera e catalán), debe abandoar o anticuado e ordinario, incluso ramplón, “soño lingüista imperial centrado no castelán e celebrar o plurilingüismo existente no estado, sumando, como non, o idioma portugués, que como dixo Castelao ten a súa nai e pai no galego”. 

Temas: EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Glo-gló

Sóplame neste ollo. O q queren é a pasta e os chiringuitos onde enchufarse e vivir como Dios.