SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2017 | Actualizada ás 11:41 por EUROPA PRESS
A Asociacón Galega de Pais e Nais Separados recollerán firmas este sábado en Ourense, 10 de xuño, en apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) en favor da custodia compartida en separacións.
O pasado fin de semana esta asociación informou de que xa alcanzara as 10.000 firmas necesarias para presentar a ILP, pero continúa na súa campaña. O día 16 de xuño finaliza o prazo dado pola xunta electoral de Galicia para a recollida de firmas para a proposición de lei.
Así, instalarán unha mesa na Rúa do Paseo, en Ourense, co fin de conseguir a coparentalidade, tal e como xa se conseguiu nas comunidades de País Vasco, Navarra, Aragón, Cataluña e Valencia.
Ademais, lembra que neste momento son xa 25 concellos galegos que apoian á tramitación da lei coa representación de diversos partidos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.