Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/06/2017 | Actualizada ás 11:36
Os técnicos escriben que a vida nos regatos depende da materia orgánica que vén dos ecosistemas terrestres, materia que constitúe o “alimento” das comunidades fluviais- O problema é que as follas de Eucalyptus globulus son de baixa “palatabilidade” para os microorganismos do ecositema do país. A consecuencia é que “se non existen outras achegas de materia orgánica de calidade, os ríos que transcorren por zonas con plantacións de eucaliptos presentarán menor produtividade”.
Para o artigo, os investigadores avaliaron 16 regatos na conca do Lérez en 2011. A diversidade de macroinvertebrados - base da cadea trófica que alimenta aos peixes- diminuíu a medida que aumentou o solo ocupado por eucaliptais. Polo contrario, canto máis especies do país, e máis tamaño da bacia, máis diversidade.
MEDIDAS PALIATIVAS
Os científicos propoñen, entre outras medidas, plantar máis especies autóctonas nas ribeiras e facer realidade a prohibición -xa incluída na Lei de Montes- de erradicar os eucaliptos das beiras dos regos e regatos.
Un resumen do artigo foi publicado en CERNA, a publicacións dos ecoloxistas de ADEGA. Os proteccionistas alertan que gran parte das medidas para paliar este problema “non se están a respectar”.
Parte do traballo realizado para este estudo foi financiado por un proxecto do Ministerio debEconomía e Competitividade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.