Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/06/2017 | Actualizada ás 13:42
Antom Árias Curto, un dos fundadores do Partido Comunista de Galiza, ex concelleiro en Monforte, fundador do grupo Exercito Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) e dirixente independentista, será homenaxeado este mércores en Santiago. O acto, organizado pola formación independentista Causa Galiza, "pretende ser unha homenaxe á traxectoria política e vital deste histórico dirixente independentista".
Árias Curto, nacido en 1944 en Monforte, conta detrás de si con umha dilatada traxectoria política como fundador do Partido Comunista da Galiza (PCG), dirixente da UPG durante o Franquismo, membro fundador do Sindicato Obreiro Galego (SOG) que foi o embrión da actual CIG, do Partido Galego do Proletariado (PGP), de Galicia Ceibe (OLN), da LAR e do EGPGC.
En 1979 foi escollido concelleiro en Monforte de Lemos por Unidade Galega e, posteriormente, detido polo seu vínculo con Loita Armada Revolucionaria (LAR) en setembro de 1980. Actualmente atópase procecesado no marco da 'Operación Jaro' contra a organizaçom política independentista Causa Galiza na 'Audiencia Nacional'.
Neste acto, que terá lugar na Gentalha do Pichel a partir das 20.00 horas, participará como introdutor o profesor de Historia, militante independentista e tamén detido nunha operación policial, Antom Santos Peres e, posteriormente, o propio Antom Árias Curto.
O acto completarase coa proxectión do vídeo producido por Augusto Fontám, co título "Antom Árias Curto. Palabra de patriota. Toda unha vida ao servizo de Galiza”, que aborda o período 1944-2004 da vida do histórico independentista.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.