Os tres independentistas foron detidos "polo recibimento a Antom Santos"

Tres independentistas galegos foron detidos este mércores en varias localidades de Galicia no marco dun operativo da Audiencia Nacional contra o enaltecemento do terrorismo. Valoracións de Ceivar e Causa Galiza e vídeo do homenaxe en cuestión no interior.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2017 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

Tres independentistas galegos, vinculados a Ceivar, foron detidos este mércores en varias localidades de Galicia no marco dun operativo da Audiencia Nacional contra o enaltecemento do terrorismo. Así o confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación. 

Ugio C., condenados polo atentado na Praza de Galicia, nun acto na Sala Nasa
Ugio C., condenados polo atentado na Praza de Galicia, nun acto na Sala Nasa | Fonte: quevoltemacasa.blogsome.com

Segundo fontes da contorna independentistas consultadas por GC, “aparentemente, as detençons som relativas ao recebimento de Antom Santos”. Santos foi excarcelado esta primavera tras anos en prisión por pertenza a banda terrorista Resistencia Galega. 

Segundo o partido independentista Causa Galiza, os detidos son  debido aos “compromissos na solidariedade com os retaliados e retaliadas Fonso L. (en Ourense) Ugio C. e Íria C. (estas dúas persoas na mesma morada de Vilaboa) as políticas”. A formación opina que a Guardia Civil persigue e criminaliza ao movemento independentistas. Na súa opinión, o paśis sofre un “tratamento policial e judicial de exceçom (...) com detençons periódicas, processos penais de exceçom, repressom administrativa e económica sistemática, vigiláncia e seguimentos policiais, acossa laboral e, em ocasions, incluso a prisom”.

O arrestado en Vilaboa Ugio C., é o mesmo mozo independentista galego que o 23 de xullo do 2005 colocou un artefacto explosivo na oficina de Caixa Galicia na praza de Galicia de Santiago.

Os axentes procederon a practicar rexistros na vivenda de Ugio C. en Vilaboa, así como na de Fonso L. en Ourense. A eles súmase a detención de Iria C., militante de Ceivar.

Antom Santos durante o seu recibimento na Gentalha do Pichel
Antom Santos durante o seu recibimento na Gentalha do Pichel | Fonte: Galiza Contrainfo

VALORACIÓN DE CEIVAR

Dende esa organización de apoio aos presos independentistas denunciase que o regime espanhol nom perde oportunidade para monstrar o seu talante fascista, apenas um dia depois de conhecermos que a Audiência Nacional prorroga mais 18 meses o processo contra Causa Galiza, sem mais sustento que a defesa política do independentismo como alternativa". Dende Ceivar prometen unha maior solidaridade ante estes "ataques".

Ceivar tamén di que as detencións están vinculadas ao acto de recibimento que se organizou na honra de Santos. Velaquí o vídeo dese acto que filmou Galiza Contrainfo:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Joseva

En galiza no hay terrorismo nen bada terrorista niguha....como pretende dir aqui GC transcrivindo os testos da A efe.