SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2017 | Actualizada ás 10:03 por EUROPA PRESS
O violonchelista madrileño de orixe galega Pablo Ferrández, que toca un Stradivarius de 1696, impartirá clases maxistrais a mozos músicos o próximo 17 de agosto en Vigo.
Esta iniciativa, segundo informan os organizadores, está promovida pola escola de música e aprendizaxes activas Bambera. Así, por unha banda, haberá clases activas, dirixidas a alumnos de grao superior de música, máster e posgrao, para os que hai un total de oito prazas.
Cada un deles traballará un determinado repertorio con Ferrández, que lles explicará, de maneira individual, como deben traballar as obras que seleccionaron para sacarlles o máximo partido.
Para alumnos oíntes hai 32 prazas e, neste caso, non se esixe ningún requisito de idade nin de estudos e poden asistir a todas as clases. As inscricións, tanto de alumnos activos como oíntes, deberán realizarse a través da páxina web www.bambera.es.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.