Por Galicia Confidencial | | 21/07/2010 | Actualizada ás 00:07
Até 5.000 bandeiras de Galicia repartirá de xeito gratuíto a Tenencia de Alcaldía de Vigo para celebrar o 25 de xullo, Día da Patria Galega. "Esta iniciativa ten un obxectivo simple, que conmemoren unha data que significa que somos un país con historia, lingua e identidade propia", explicou o tenente de alcalde, o nacionalista Santi Domínguez.
O político, da corrente + Galiza, posou hoxe cunha bandeira oficial de Galicia e non coa bandeira coa estrela vermella, que emprega sempre a súa forza política, o BNG.
Trátase da primeira vez que o Concello de Vigo lanza unha iniciativa así, que xa levaban organizando outros municipios gobernados pola esquerda, caso de Fene (PSdeG). A iniciativa de Domínguez prodúcese semanas despois da vitoria de España no Mundial de fútbol, motivo que levou a numerosos vigueses a amosar a bandeira estatal nos seus balcóns.
O concello asegura que calquera persoa que o desexe pode recoller a súa bandeira gratuítamente nas asociacións de veciños, Federación de Asociacións de Veciños "Eduardo Chao", Federación de Centros Culturais, Federación de Peñas "El Olivo", Instituto Municipal dos Deportes. ximnasio municipal do Carmen, piscinas municipais, complexo deportivo de Samil, campos de fútbol de Candeán, Coruxo e Barreiro, Casa das Artes, Casa Galega da Cultura, Biblioteca Central, Museo de Castrelos, Verbum, Marco, Museo Liste, Casa das Mulleres, Casa da Xuventude, Cedro e Unidades Básicas de Acción Social (Ubas), ademáis de na Tenencia de Alcaldía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.