Por Galicia Confidencial | Vigo | 10/07/2017 | Actualizada ás 19:00
A banda formouse en 1978 baixo o liderado da carismática Chrissie Hynde, guitarrista e cantautora á vez. E esta emblemática banda estará en Vigo. A súa música podería definirse como unha oscilación entre o punk e a 'new wave' do momento, aínda que sufriu unha evolución cara a sons máis actuais co paso das décadas. Tras 'Loose Screw', 'Break Up The Concrete' é o título do seu último disco que soará na cidade olívica.
Ademais farán un repaso dos seus grandes hits como 'Goodbye', 'Back on the Chain Gang' ou “I'll Stand by You”, entre outros.
As entradas xa están dispoñibles en Ataquilla. Os menores de idade que teñan entre 0 e 14 anos, ambos os incluídos, poderán acceder ao concerto pagando a entrada correspondente, cubrindo este formulario, que se entregará nos accesos ao recinto, e acompañados polo seu/s pai/nai/titor(a).
Os/as menores de idade de entre 15 e 17 anos adquirirán a súa entrada correspondente e poderán acceder ao recinto nas mesmas condicións que as persoas adultas, sen necesidade de ir acompañados, pero tamén terán que cubrir e entregar este documento nos accesos ao recinto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.