Temas: NATALIDADE

A Xunta gasta millóns de euros en medios de comunicación para animar a ter fillos

Destinou máis de tres millóns en cinco anos para "accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/07/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

770.000 euros. Ese é o diñeiro que a Consellería de Política Social destinará un ano máis para animar ás familias galegas a ter fillos. Pero, en vez de destinalos en mellorar a calidade asistencial dos partos ou en educación sexual, preferiu destinalos a facer propaganda institucional nos grandes medios de comunicación. De feito, desde o 2013 leva xa destinados a este fin máis de tres millóns de euros.

Campaña de publicidade da Xunta a prol da natalidade
Campaña de publicidade da Xunta a prol da natalidade

Así en convenios que vende como "accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación" ten distribuído case 1,5 millóns de euros a La Voz de Galicia en cinco anos. Uns cartos que tamén recibiron desde o 2013 por este mesmo concepto outros grandes medios como Faro de Vigo, El Progreso, La Región, Onda Cero, a Cadena Cope ou a Cadena.

En 2016 a Xunta destinou case 800.000 euros en diferentes convenios ao longo do ano. Os anos anteriores foron 508.132,94 euros, 263.553,72 e 495.867,77, respectivamente.

Foi en abril de 2013 cando a Xunta aprobou en Consello o Plan de dinamización demográfica para frear o crecemento vexetativo negativo da poboación galega, cunha poboación moi avellentada e onde se segue producindo unha forte emigración da xente máis nova. Sen embargo, a principal medida para erradicar esta situación é a da publicidade institucional e non o investimento en políticas activas.

A través de convenio e non contrato

Campaña de dinamización da natalidade da Xunta
Campaña de dinamización da natalidade da Xunta | Fonte: Xunta

E, sobre todo, chamou a atención nestes anos o proceso elixido para este reparto. A Xunta non puxo en marcha unha licitación pública para contratar estes servizos. Fíxoo vía convenio. Iso significa que pode esquivar as obrigacións de publicidade -os detalles destes convenios non son públicos- e concorrencia -non se sabe quen foi convidado, por que, e como se estableceu a suma destinade a cada un deles-.

A Lei de Contratos do Sector Público establece (artigo 4.1.d) que están excluídos da súa aplicación “os convenios que, con arranxo ás normas específicas que os regulan, celebre a Administración con persoas físicas ou xurídicas suxeitas ao dereito privado, sempre que o seu obxecto non estea comprendido no dos contratos regulados nesta Lei ou en normas administrativas especiais”. Neste caso, o obxecto si está establecido na lei. En concreto, estariamos a falar de “servizos de publicidade”, establecidos desa forma no seu anexo II.

Temas: NATALIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Mexada se levanta

Mexo por min. No canto de pediatras, permisos por nacemento máis longos, escolas infantís preto dos traballos e colexios, fotos de bebés en montaxes dignos alumnos de primaria nunha extraescolar de deseño web a prezo millonario. ¿A UE, que pon os cartos, ten coñecemento disto? Porque constitúe unha fraude ós seus orzamentos.

4 anonimo

En Chantada quitannos o servicio de pediatria. Asi quen se anima a ter fillos? Se gastaran no que teñen que gastar!

3 Paio

Para cando un líder que teña concepto de país, e que non faga maxia coas contas. Un lider que teña claro o que significa Galicia e onde hai que levala,un bo patron. Este nin fu nin fa...nin nada arranxará, eso sí, enredar moito. Onde está o pobo galego , so na emigración?

2 Efixio

Non é suficiente. O problema é das mulheres. Si poidesen ter filhos aos 50,60,70 ou 80 anos, sería outra cousa. Así atalhariamos o problema. Deberían someterse a fertilización forzosa, sempre cos espermatozoides do seu marido. Aínda así o que non é natural, non sei, non me acaba de gostar. Pero algo así. E tinhan que publicitalo nos medios de comunicación cunha ampla e custosa campanha. Hinchandos ben non terían opinións diferentes dende os medios. Isa é a fórmula. Quedábame outra. Que a meirande parte dos seus votantes fosen anormais. Iso xa o tenhen.

1 filibustero

como as vaquiñas na corte

1 Bisbardos

Unha boa idea, pero insuficiente.

1 Bistardo

Tes razón, se cadra untando con 1000mill. de euros aos medios, os galegos animarianse a ter máis fillos. Claramente insuficiente