O Festival de Ortigueira clausura a súa XXXIII edición cun "balance moi positivo para artistas, público e organización"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2017 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

O Festival de Ortigueira clausurou este domingo a XXXIII edición deste festival folk internacional cun "balance moi positivo para artistas, público e organización", segundo comunicou a organización do festival nunha nota de prensa.

Ortigueira
Ortigueira

De clausúraa do festival encargáronse grupos como A Roda, Treixadura, Gamelas e Anduriñas e Os Carecos, que interpretaron temas "clásicos" da cultura galega.

A última xornada tamén estivo marcada polo concerto acústico monográfico 'Xapón e a Música celta', no que artistas como Harmónica Creams, Shun Yonemura, Yoko Takano e Hatao mostraron como se fai a música folk en Xapón.

Segundo o comunicado, unhas 95.000 persoas de todo o mundo pasaron estes días por Ortigueira, atraídos por músicos e agrupacións como Usher's Island, Skerryvore, Harmonica Creams, A Roda ou Treixadura.

A organización do folclórico Festival de Ortigueira "xa está a negociar o cartel dos próximos dous anos" e promete "sorpresas moi agradables" para todos os seus seguidores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta