Temas: PEMEX

As mentiras e "propaganda" da instalación de Pemex en Galicia

Hai cinco anos o director xeral de Pemex anunciaba un megaproxecto para Punta Langosteira xunto co presidente da Xunta. Un proxecto que acaba de ser finiquitado. A Coruña non acollerá a "maior base loxística" desta empresa en Europa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2017 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

Hai cinco anos Feijóo aparecía en todas as portadas dos xornais e informativos facendo o gran anuncio do ano. Galicia contaría cunha base loxística da petroleira mexicana Pemex. O seu director xeral, Juan José Suárez, acudíu mesmo a Galicia para presentar o proxecto en rolda de prensa co presidente galego. O porto exterior da Coruña acollería a base loxística da empresa para toda europa.

Porto Exterior Da Coruña
Porto Exterior Da Coruña | Fonte: Europa Press

Por iso, pedíu formalmente tres hectáreas de terreo para a primeira fase do proxecto, cuns 26 millóns. “Galicia responderá con responsabilidade á confianza depositada pola petroleira na comunidade galega”, respondía un fachendoso Feijóo cun sorriso de orella a orella. Esa medida viña acompañada, ademais, da adxudicación aos estaleiros galegos da construción de sete remolcadores por valor de 250 millóns de euros e que darían emprego a 2.500 traballadores entre directos e indirectos e suporía 2,6 millóns de horas de carga de traballo. Na oferta tamén entraba un flotel e dous quimiqueros.

Iso era en agosto de 2012. Case cinco anos despois, a finais de xullo de 2017, a empresa petroleira acaba de confirmar que paraliza o seu proxecto, tal e como publica o xornal La Voz de Galicia. De todo o prometido, Galicia só realizou dous floteis. Un anuncio que para o deputado do PSdeG, Abel Losada, demostra que "era obvio que se estaba falando de publicidade e propaganda".

Utilización do PP

Por este motivo, Losada, en declaracións a Europa Press, criticou o que ao seu entender foi "utilización do PP" dunha situación laboral "difícil" dos estaleiros. Aínda que si se construíron dous floteles para Pemex, o parlamentario do PSdeG preguntou onde quedan "o resto da frota de embarcacións menores" e a instalación en Punta Langosteira.

O responsable do Goberno galego e o director xeral de Pemex, Juan José Suárez Coppel, asinaron en 2012 un acordo de colaboración entre Petróleos Mexicanos e a Xunta de Galicia
O responsable do Goberno galego e o director xeral de Pemex, Juan José Suárez Coppel, asinaron en 2012 un acordo de colaboración entre Petróleos Mexicanos e a Xunta de Galicia

Así, lamentou esta nova "paralización", que a empresa enmarca nun contexto de crise internacional de prezos. "Lamentamos a utilización propagandística e partidaria que se fixo", incidiu. Por iso, reclamou políticas "potentes" en materia industrial, que aposten, entre outros aspectos, pola innovación.

Estación de Pemex
Estación de Pemex | Fonte: Travis S. en Flickr
Temas: PEMEX
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 PoisClaro

Tremenda sorpresa! A ver, que falamos dun tipo ó que os seus votantes perdoaron as súas relacións co narco; que promoveu a corrupción canda o sindicato CCOO durante a súa etapa en sanidade; que se nega a investigar o homicidio imprudente do alvia; que ten os peores datos socioeconómicos en Galicia de toda a restauración borbónica; que colleu, aproveitou dos oligofrénicos de galicia vil, pasou do seu cú e síguenlle a votar. Como non vai mentir? Que diferencia fai? Creo sinceramente que el prefreriría non facelo pero oblígano os de La Voz para ir enchendo algunhas páxinas e ter algo do que facer historia: anunci, ilusión, desencanto, lembrete cada certo tempo. O xogo político no país está mortísimo. Nin hai un pita varela para facer risas.