“A riqueza no monte non é plantar pinos para traer a Orquesta Panorama”

O alcalde de Verín pide un cambio na política forestal e que se limiten as plantacións como se limitan os edificios. Na súa opinión, os bosques artificiais están detrás da seca e de incendios como o que acaba de arrasar 1.400 hectáreas no seu concello. Gerardo Seoane reclama tamén a fin das brigadas municipais, que son “repartir miseria”. O conflito entre Deputación e FEGAMP é outro dos temas desta entrevista.

Por Manuel Vilas | Verín | 10/08/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defende que "a Xunta cumpriu coa súa obriga" no gran incendio forestal que afectou a Verín con case 1.400 hectáreas queimadas. "E espero que cada concello, incluído o de Verín, tamén cumpra co seu deber", engadiu. Que lle parece?

Incendio en Verín
Incendio en Verín | Fonte: Youtube do xornal La Región.

Eu non quero entrar en polémicas por  unha cousa que xa pasou. Agora ben, que quede claro, se alguén cumpriu co seu deber fomos nós,  obrigando  á  xente a rozar nas zonas de risco inminente, e limpando nós cando non o facían, algo que non fixeron moitos outros concellos ... 

Por outra parte, a contratación da brigada muncipal non se puido facer, porque  non había un xefe de brigada dispoñible, e a Lei obriga a telo. 

E a Xunta, cumpriu co seu deber na extinción do incendio?

Cumpriron con dilixencia, eu non o dubido. O que tamén está claro é que hai incendios de moito menos tamaño e nos que os avións tardaron 45 minutos en chegar e extinguírono.  En Vilarmaior tardaron bastante  máis. Os avións pode saberse perfectamente a que hora despegaron, que o miren na Xunta, porque cando chegaron xa estaba nos lume nas casas. Cos helicópteros non puideron extinguilo. 

Gerardo Seoane, alcalde de Verín
Gerardo Seoane, alcalde de Verín

Que quede claro que nós non lle botamos a culpa a ninguén; pero cando se comete un erro, hai que analizalo. Os avións non chegaron a tempo, non porque non quixeran, senón porque non puideron.

O que digo é que non fixeron todo ben ao milímetro , como eles dixeron, iso non é certo.  Cunha instrución ben dada ao principio podería terse resolto o lume, como se pasou noutros casos, e ao final aquí queimaronse 4.500 hectáreas.

O líder de Goberno Galego di que o distrito forestal no que está Verín ten moitos medios. Con todo, esta zona arde moitísimo todos os anos. Hai ou non medios abondo para combatelo lume?

Medios hai moitísimos, iso non dubido. Hai moitas brigadas, está a Brigada Helitransportada (BRIF) de Laza, a avioneta de Trasmiras, os helicopteros, etc. Pero tamén digo outra cousa, hai moito tolo que lle planta lume ao monte. 

Ninguén dubida que a Xunta non está para queimar, está para apagar. Estano facendo mal? non. Estano facendo bastante ben, pero pódese mellorar. O que pedimos son medios para  unha intervención inmediata de certa potencia, que acaba o problema de inicio. Polo contrario, cando a actuación se dilata, porque o monte está seco e abandonado a man de dios ...

Queremos que se estudio termos un punto de intervención rápida e potente, porque cunha avioneta en Transmiras e un helicóptero non estamos aí moi de acordo de que sexa fuficente. Sabemos que non é un problema de solución inmediata, pero si a medio prazo e a longo prazo.

No pleno de esta semana demandaron unha  nova organización do territorio de forma racional. A que se refiren en concreto?

O noso monte está inzado de pinos, plantados e naturais. Se o monte estivese ordenado, habería só os necesario. Esa auga dos pinos non chega aos vales, iso explica en parte a  seca. Agora o monte está feito un “tinglado”. Hai que regular, “tanta auga podes consumir, tanta auga tes que deixala pasar”. Non coller e plantar pino, pino, pino e veña.

Hai que ordenar o monte. Os montes na nosa zona nunca tiveron tantas árbores e os vales eran fértiles. Agora, 70 despois, sabemos o que pasa. A riqueza non é ter un montón de pinos aí plantados na aldea, para que logo traian á Orquesta Panorama na festa [nos montes comunais os beneficios deben reinvertirse nos propios montes ou en bens comúns, polo que a miúdo acaban destinándose a sufragar romerías].  Cómpre unha lei que determine que parte do monte hai que plantar e al non, independente da estrutura da propiedade. Unha ordenación do monte igual que se ordena o territorio para determinar onde e como se pode construír.

Sabemos que é unha solución a medio prazo, pero levamos 70 anos de historia cos pinos, e vai sendo hora de aprender do que está pasando.

Vostedes propoñen algo moi polémico, que é suprimir as brigadas municipais, salvo os grupos de emerxencia supramunicipais. A CIG denunciou que as brigadas municipais son fonte de caciquismo. Hai moitos que advirten que estes brigadistas, seleccionados a dedo e con pouca cualificación, poden estar detrás de parte dos lumes. Por que propoñen suprimir estas brigadas? 

As brigadas municipais son repartir a miseria, a ningún concello lle interesa. Certo é que o que lle repartes a un fulano, nun concello pequeno pode signifcar moito, pero tamén pode darllo á Xunta.  

As veces non hai xefes de brigada dispoñibles para contratar, polo que non podes contratar aos brigadistas. As brigadas municipais son  un morto que lle pasa a Xunta, que ten as competencias ao concellos. Non son rendíbel para ningún concello. 

Cre que facilitan a creación de redes clienterales?

Á marxe do asunto clientelar, non que non entro, as brigadas son repartir miseria, están mal organizadas. A xunta ten que facer un sistema para contratar eles aos brigadistas, porque saben que os concellos están moi limitados de medios para organizar estes procesos de contratación, que supoñen un “Cristo” e así acabas o proceso en agosto cando debería estar todo o persoal traballando meses antes. 

Unha última pregunta sobre outra cuestión. A Deputación de Ourense e o presidente da FEGAMP están enfrontados. O alcalde do Barco di que a Deputación reparte os seus fondos de xeito partidista, favorecendo aos concellos gobernados polo PP. Manuel Baltar responde asegurando que se está usando a FEGAMP de xeito partidista … Ten base a queixa dos alcaldes?

En primeiro lugar, non son axudas, son dereitos.  As deputacións están para axudarlle aos concellos de menos de determinada poboación en obras, servizos, etc.. Ese é espírito da Lei. 

Que fan as outras deputacións? Na Coruña reparten aos municpios a máis alta porcentaxe, logo  vai Pontevedra e Lugo, co 22%, é a que menos.  Son ingresos  do Estado para os concellos pequenos a través das deputacións.  A que menos reparte, Lugo, 22%. .A de Ourense creo q non chega nin a un 5 por cento.

Non é un sistema xusto,  o diñeiro non é del, é de todos.  Di que se reparte de acordo ao orzamento, pero hai orzamentos con 50 programas, e algúns deles son fantasma. Logo está o reparto de cheques institucionais. Todos os venres se reparten cheques para tal concello, pero claro sempre para os do PP, e logo dinche que ti non pides, para que vas pedir? Por encima da vontade do gobernante, e por encima dos resultados electorais, ten que haber un sistema.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

8 Arturo, resposta a adr.

O monte non arde en Navarra, ( con extensos bosques, coma a Selva de Irati) País vasco e Francia porque alí non hai incendiarios coma eiquí, non porque as políticas que poida haber alí impidan o lume. Xa pode haber as políticas que sexa, que se hai incendiarios, vai haber incendios. En Soria hai milleiros de hectáreas de piñeiros e non hai incendios. Ah, e cando se quere insultar,compre saber facelo.Eso de decir pailanciño e o da coz revela pouca imaxinación: non hai nivel.

7 TERRORISMO FLORESTAL

o toxo.... o toxo.... como abogado das silveiras que son (matriculado en santiAGE de componendas) e gran traballador da chustiza española... SOLICITO CERTIFICACION DE "HABEMOS CORPO" para o picudo galego ... señores o noso toxiño vai morrer e especie galega daiqui señores! daiqui señorías! non ven que queren meter a pasteira de celulosas para encher os petos particulares e os montes dos galegos de eucaliptos, pero o alcalipto e moi abuson e moi de australias son invasores contumaces e envelanadores da terra e chuchadores da auga, chegando a seca... o alcalipto mete lapas de 40 metros e lume de copas e xa non se para, logo mete a consellaria a pas e tiran cos marcos... TIRAN COS MARCOS e adeus fincas que teñas, todo expropiado... expropiado para eles os ricachos e os burgueses do expañol

6 anonimo7982

Hace unos años, creo que a principios de este siglo, Hollywood nos trajo una película que aquí se estrenó con el título 'De incompetente a presidente'. Si se hiciese una versión española de esta película, muy buen podrían inspirarse en este personaje y ponerle de título 'De cuñao a alcalde'.

5 Aldeano da aldea

Este señor por chamarlle de algún xeito é o típico exemplo de parsoa ventaxista e partidista que fala sin saber. Para empezar a labor dos piñeiros que hai en Verín, Monterrei, Vilardevós e toda esa zona non é económica senón ecolóxica. Son masas que frean a erosión estando situadas a maior parte en cabezas de serra e ladeiras pronunciadas co que regulan a erosión hídrica e eólica, sendo as únicas especies adaptadas a esas zonas (que non veñan os que pensan que se poden poñer castiñeiros e carballos en todos os sitios dicir parvadas coma sempre). Cando se plantan tendo en conta o crecemento da zona estase a falar de quendas de 40-45 anos para un pino do país ou de 120 para un silvestre, así que que deixe de marear. E logo a política forestal non ten nada que ver con que o política co "vai facendo" meta as casas no monte ou o non poder sacar rendemento ao monte polo mesmo meta o monte nas casas.

4 CigarrondoVal

Moi intelixente a estratexia deste alcalde meténdose coa administración que lle ven sacarlle as castañas do lume por motivos sectarios e partidistas. Eu son perfecto pero os da Xunta son os que non cumplen. Ademáis faime gracia, este persoaxe é coñecido polo seu populismo porque él sería o primeiro en gastar cartos (e plantar pinos se fai falta) para traer a Panorama. A súa especialidade é anunciar obras e inversións na prensa como se non houbera un mañá, que acabarán arruinando o Concello e pagando os veciños con subida de impostos. O resto, nada de nada.