SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2017 | Actualizada ás 10:48 por EUROPA PRESS
Un total de seis persoas resultaron feridas nun accidente no que se viron implicados tres turismos na AC-840, á altura da localidade de Melide.
Aínda que todos os feridos foron evacuados ata o centro hospitalario de referencia polo persoal do 061 Urxencias Sanitarias, aparentemente, ningún deles revestía gravidade.
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o accidente ocorreu a escasos minutos das 20,00 horas do martes, cando un particular avisou ao CAE 112 Galicia de que se acababa de producir un accidente con varios turismos e varios feridos.
A partir de aí, o persoal do Centro Integrado ás Emerxencias do 112 puxo os feitos en coñecemento do persoal sanitario, dos axentes de Tráfico e da Policía Local. Tamén, se informou aos Bombeiros de Arzúa, Protección Civil da localidade e ao persoal do servizo de mantemento da estrada.
DOUS FERIDOS EN LOBEIRA (OURENSE)
Por outra banda, o CIAE informou tamén de que efectivos do GES de Lobios liberaron aos dous ocupantes dun turismo que, tras saírse da vía, envorcou, no concello ourensán de Lobeira.
Técnicos sanitarios informaron o accidente, que tivo lugar na estrada que une Lobeira coa Parada do Monte, ás 20,00 horas.
Así, nada máis recibir o aviso e indicar que había persoas atrapadas, enseguida, alertouse aos efectivos do GES e aos axentes de Tráfico. Unha vez liberados, os feridos foron trasladados en senllas ambulancias do 061-Urxencias Sanitarias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.