Por Galicia Confidencial | Ourense | 28/08/2017 | Actualizada ás 13:38
Son Nissan Xtrail. “Vehículos moi cómodos e bonitos, iso é indiscutible, pero para nada vehículos operativos e eficaces para un servizo de emerxencias como é o SPDCIF”. É a denuncia que fai CIG-Autonómica tras a entrega, por parte da Consellería do Medio Rural, dos novos vehículos para facer fronte aos incendios.
Segundo denuncia este sindicato, os novos coches non cumpren as características negociadas e publicadas e din, “non son nada axeitados” para o seu traballo. “Entregándonos vehículos sen equipo de extinción e cunhas características técnicas dun todocamiño e non dun todoterreo”, indica nun comunicado.
Así, critica que estes vehículos foron adquiridos logo de que se modificaran as condicións técnicas do concurso inicial “rebaixando as características técnicas dos vehículos pick-up por razóns, para nos incomprensibles”. Así, as novas pick up non dispoñen de depósitos de auga e retárdante para a extinción dos lumes nin teñen incorporadas as luces V1 e a correspondente identificación como Bombeiros Forestais de Galicia. Por iso, este sindicato esixe o “cumprimento extricto” dos pliegos de condicións técnicas negociados e publicados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.