Críticos coa dirección de En Marea non descartan crear outra nova organización

Iniciaron a celebración de reunións a través das que aspiran a contar co apoio do "sector oficial de Anova", "da maioría das mareas municipais" así como "dos sectores de Podemos e de Esquerda Unida que acreditan na unidade popular".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2017 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

Primeiro foi o BNG, logo AGE e, agora, semella que En Marea. Os críticos dos críticos dos críticos barallan crear unha nova organización logo da fractura interna que deixou o último plenario da formación.

Ferreiro, Villares e Beiras no plenario de En Marea en Vigo
Ferreiro, Villares e Beiras no plenario de En Marea en Vigo

Así, este sector enfrontado á actual coordinadora de En Marea comezou a reorganizarse tras o plenario do pasado 15 de xullo que evidenciou a fractura do partido instrumental co afianzamento de Luís Villares como líder. Tras esa cita, buscan "abrir un proceso" que lles permita "avanzar na construción do espazo plural" que, para eles, En Marea "non pode ser". 

E é que nesta asemblea, os documentos oficialistas defendidos polo equipo capitaneado polo exmagistrado lucense resultaron vencedores aínda que por unha axustada marxe. Este feito profundou na división existente no seo do partido instrumental entre a actual coordinadora e sectores de Anova ou Esquerda Unida, así como algunhas mareas municipais como a Marea Atlántica.

Deste xeito, despois deste plenario no que as ausencias dos alcaldes de Santiago e A Coruña, Martiño Noriega e Xulio Ferreiro, deixaron constar o seu distanciamento coa actual dirección, fontes críticas consultadas por Europa Press destacaron a súa intención de continuar "traballando" para "agrupar forzas" e configurar un proxecto "realmente común".

Para lograr este obxectivo, iniciaron a celebración de reunións a través das que aspiran a contar co apoio do "sector oficial de Anova", "da maioría das mareas municipais" así como "dos sectores de Podemos e de Esquerda Unida que acreditan na unidade popular". Ademais, non descartan que este novo proceso de "aglutinación" derive "na creación dunha "nova organización".

"Despois do plenario do 15 de xullo queda claro que En Marea xa non pode ser o espazo común", apuntaron estas fontes, que inciden en que, actualmente, o partido instrumental "non representa ao espazo común" senón que, "en todo caso, é un polo máis" da unidade popular.

'PROCESO 1 MAIO'

Por outra banda, mes e medio despois da asemblea de xullo, ademais, novos integrados en En Marea tamén avanzan na constitución como organización política do 'Proceso 1 de Maio', para o que prevén celebrar unha asemblea constituínte o día 16 de setembro en Santiago de Compostela na que aprobarán "uns textos, uns órganos e unha estrutura".

Respecto diso, en declaracións a Europa Press, un dos participantes, Iván Rodríguez, explicou que a idea deste movemento é "constituír unha organización política de ámbito xuvenil" que "vaia moito máis alá de disputas concretas".

Por iso, sinalou que o proceso rexeita "situarse" a favor ou en contra dos diferentes sectores enfrontados en En Marea. "Queremos aglutinar a mozos de todas as sensibilidades", sinalou este participante do 'Proceso 1 de Maio' que busca "seguir organizando a ruptura e construíndo a República das de abaixo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

14 Nexus 6

Pues nada. Adiante coANova Organisasión. A ver si me acuerdo. Todo empezó con la ANP Gá y la UP Gá. También estaban los de MC Gá, los de PS de Gá, y los del PC Gá. El Partido Galeguista y Coalición Gallega, alias P Gá y C Gá, se unieron a algunos de los anteriores y voilá... parieron el engendro del BN Gá. Como no se llevaban bien por un quítame allá esos pelos del ombligo, del BN Gá, se fueron algunos para crear La Nueve "Hermandad" Nazionanista, que se juntó Podemos Gá e Izquierda Hundida Gá. Por el medio o alrededor pululan Causa Gá, Nos Gá, Compromiso por Gá y no sé si hay alguna Gá a mayores. Total que entre tantas letras han terminado todos gagás y del mareo con la marea…tremenda vomitona de fracaso, mala baba y frustración. Y que no se me olvide ¡Autopista Non!

1 Blade

Te olvidaste de Lady Ga Gá, esa que te gustaría que fuese tu madre porque así al menos tendrías alguna información sobre su paradero.

13 Cuevillas

Jajaja. Yoli procesiones, Iago Martínez e Antón Gómez Reino. Non dan nin para un tute cabrón. Por favor que se vaian xa é que nos deixen currar

12 Dalle que libras

Xa está Marito e Palleiro fodendo outra vez

11 GzCanibal

Winter is coming!!!

10 Que malo o BNG

Pero se todo vai moi ben co liderado de Billares melenalviento, lidera moi ben e cada vez hai máis millóns de persoas militantes seguro que nas proximas eleccions perde menos votos