Portugal quere revivir o espírito de "Verano azul" cunha serie que tamén será gravada en Galicia

RTP emitirá a serie "Verão M" que foi rodada, principalmente, en Moledo, e que ten algunhas escenas rodadas na zona do Baixo Miño.

Por Galicia Confidencial | Portugal | 11/09/2017 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

Chámase "Verão M" e pretende provocar o mesmo efecto que no seu día tivo a serie televisiva española "Verano Azul" que marcou a toda unha xeración, xuntando pais e fillos diante do televisor.

Esta nova serie comezará a ser rodada na próxima primavera e terá o seu epicentro en Moledo --moi preto da Guarda--. Con todo, incluirá gravacións noutros escenarios do concello de Camiña, así como no distrito de Viana do Castelo e no Baixo Miño, xa en Galicia.

"Verão M" será emitida na RTP, na televisión pública portuguesa e será realizada en co-produción coa Skydreams e Santa Rita Filmes, co apoio do municipio de Camiña e do Turismo Porto e Norte.

Durante a presentación da serie, que tivo lugar o pasado venres, Miguel Alves, alcalde de Camiña, destacou a importancia que vai supor para todo o turismo desta zona do Alto Minho portugués. De feito, as praias de Moledo e de Vila Praia de Ancora, xa teñen un recoñecemento internacional, e contan con bandeira azul.

Pola súa banda, a realizadora da serie, Patricia Sequeira, destacou que contará con "actores de primeirísima liña" en Portugal ."Esta é unha serie familiar que se basea nas aventuras dos mozos que veñen cos pais ou cos avós para esta rexión, onde non vai faltar unha historia de amor que ten Moledo como eixo de conexión", contou Patricia Sequeira.

Desembocadura do río Miño entre A Guarda e Caminha, coa praia de Moledo, onde terá lugar a rodaxe da serie
Desembocadura do río Miño entre A Guarda e Caminha, coa praia de Moledo, onde terá lugar a rodaxe da serie

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta