Unha balea azul dentro da ría?

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) di que o cetáceo filmado esta fin de semana “pode ser unha balea azul ou un híbrido de azul e común”. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | Muros | 11/09/2017 | Actualizada ás 09:22

Comparte esta noticia

O gran animal aparece nadando fronte a entrada da Ría de Muros e Noia. En dúas ocasións sae á superficie e pode apreciarse perfectamente o seu enorme tamaño, o que suscita comentarios por parte dos mariñeiros que filman.

Balea na Ría de Muros
Balea na Ría de Muros

O CEMMA tentou poñerse en contacto cos autores para determinar se efectivamente se trata dunha balea azul, o maior animal que nunca viviu no Planeta. Os seus expertos din que necesitan ver ou que lle describan a aleta para poder estar máis seguros.

“De confirmalo é un fito histórico para o mar do noso país!”, exclaman dende o CEMMA, pois non hai ningún rexistro dunha balea azul tan preto das costas galegas, tan só dun cadáver varado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta