Temas: ECOLOXíA

2.800 persoas asinan en menos de 24 horas contra a Lei de Fomento das Iniciativas Empresariais

Os grupos opostos á “#LeiDepredacionGaliza” aceleran as protestas dado que o PP levara o texto legal a Cámara o 17 de outubro. Haberá unha manifestación a finais dese mes.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/09/2017 | Actualizada ás 08:48

Comparte esta noticia

A mobilización contra a Lei de Fomento das Iniciativas Empresariais, que promove o goberno galego, comezou con moi bo ritmo, polo menos na internet. En menos de 24 horas dende o lanzamento da plataforma, máis de 2.800 persoas asinaron en change.org contra o novo texto legal por entender que fomentará “actividades lesivas contra o noso territorio e as comunidades que o habitan ao deixalas desprotexidas facilitando procesos de expropiación ou favorecendo o ocultamento de información, a redución de prazos ou a elusión de trámites ambientiais”.

Contra a mina de ouro en Corcoesto
Contra a mina de ouro en Corcoesto | Fonte: Bocixa Tingalaranga

A petición en liña está impulsada pola rede ContraMINAacción, pero son numerosos os colectivos sociais e ecoloxistas que están solicitar a mobilización dos seus socios e simpatizantes. Entre outros A Ría non se Vende, Adega, CS A Revolta, CS Faísca, CIG, Comisión contra as Minas na Terra Chá, Comunidade de Montes de Cabral, contraMINAcción, Galiza Contrainfo, Galiza Non Se Vende, Gentalha do Pichel, Luita Verde, Organización Galega de Comunidades de Montes, Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Sindicato Labrego Galego, Terra Chá Sostible, Verdegaia e Véspera de Nada.

Para os activistas a Lei “depredadora” que pode sacar adiante o PPdeG  pretende desregular ámbitos como o eólico, forestal, mineiro, usos hidráulicos, cooperativas, etc. Os conservadores están a acelerar todo o posíbel a súa tramitación, estando prevista a súa primeira toma de consideración no Pleno do Parlamento o próximo 17 de outubro.  Os activistas traballan en organizar unha manifestación para o día 22. 

Temas: ECOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta