A Xunta di estar preocupada pola falta dun medicamento fundamental para os enfermos de corazón

Trangorex non se atopa nas farmacias galegas e hai quen o vai buscar a Portugal. Sanidade presenta o decreto de tempos máximas de espera en patoloxías importantes.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 28/09/2017 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

Trangorex é un dos medicamentos máis receitados para previr ou tratar alteracións do ritmo cardíaco. Pero non se atopa nas farmacias de Galicia desde principios de mes. Unha situación que xa “preocupa” á Xunta e ao Goberno de España.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, co responsable da xerencia de Xestión Integrada de Santiago, Luis Verde, e José Castillo,  xefe do Servizo de Neuroloxía e director científico do IDIS
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, co responsable da xerencia de Xestión Integrada de Santiago, Luis Verde, e José Castillo, xefe do Servizo de Neuroloxía e director científico do IDIS | Fonte: Xoán Crespo.

Así o asegurou este xoves o conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuíña na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta tras ser preguntado por GC. Este medio publicou que moitos pacientes están acudindo a Portugal para facerse con este fármaco moi recomendando para pacientes con doencias cardíacas.

“A Axencia Europea do Medicamento é a que ten que tomar medidas contra a falta de suministración de medicamentos”, suliñou Almuíña. E o certo é que este fármaco é producido e comercializado pola multinacional francesa Grupo Sanofi, un dos maiores grupos farmacéuticos no ámbito da saúde do mundo.

En todo caso, o conselleiro confirmou que tanto a Xunta como o Ministerio de Salud están ao tanto deste desabastecemento, provocado pola distribución controlada das unidades  dispoñibles en stock por parte do fabricante. “E estamos preocupados”, indicou. De feito, a Xunta xa puxo en coñecemento da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) esta falta de suministro a comezos deste mes. 

“Agora o único que nos queda é buscar alternativas para os pacientes”, indicou logo de que este medio lle preguntara senón cre necesario a presentación dun decreto que tamén protexa aos pacientes ante os abusos dos fabricantes de medicamentos. 

Trangorex, medicamento que non hai en Galicia
Trangorex, medicamento que non hai en Galicia

Dereitos dos pacientes

Precisamente, o conselleiro compareceu para dar conta do Decreto de tempos máximos de espera, unha medida que está recollida na Lei de Garantías Sanitarias, e que pretende dotar de dereitos aos pacfientes que están en listas de agarda sanitaria. 

Con este novo decreto a Xunta estipula un tempo máximo de espera de 60 días para as patoloxías importantes, que en total, serán máis dun cento. Se se supera este tempo, o paciente terá dereito a seguir en lista de agarda, trasladarse a outro centro público ou ir a un centro concertado para ser operado. Neste caso os custes serán sufragados pola sanidade pública. “É un paso máis para reducir as listas de agarda que esperamos seguir reducindo”, indicou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo.

Tamén Vázquez Almuíña lembrou que coa Lei de Garantías Saniatarias xa houbo 220.000 persoas que puideron elexir libremente un hospital ou un médico, 926 que pediron unha segunda opinión dun médico e 6.750 que deixaron instrucción ante operacións complicadas e críticas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Abofé que pra Voz hai cartos

No canto de estaren preocupados era mellor que estivesen preparados. Pero é mellor trocar os letreiros dos hospitais públicos que ter medicinas nas farmacias.

2 anonimo

Ya es viejo. Que se fabrique por el Sergas, si la iniciativa privada está a forrarse y que nos muramos si le interesa. Hace muchos años, el ejército fabricaba su propia medicación, al 10% del precio en farmacia. Pero claro, eso hace pupa a los amigos... Murámonos, gallegos.

1 Raiano

Que vamos esperar, os nossos representantes son o resultado de un voto aturdido propio de xènte vexetante . tanto les da como tanto lles tén .¡SEMOVENTES!