Catro deputados de Podemos e EU votan distinto a En Marea nunha proposta do BNG sobre Cataluña

Carmen Santos, Juan Merlo, Magdalena Barahona e Eva Solla desmárcanse do partido instrumental sobre a lexitimidade do referendo de independencia en Cataluña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2017 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

Catro deputados do sector oficial de Podemos (Carmen Santos, Juan Merlo e Magdalena Barahona) e a líder de Esquerda Unida, Eva Solla, votaron distinto aos seus compañeiros de En Marea nunha proposta do Bloque sobre o conflito catalán no Parlamento galego. En concreto, nesta iniciativa presentada no Debate sobre o Estado da Autonomía, o BNG pedía respectar "o dereito de autodeterminación dos pobos e a vontade expresada polo pobo catalán no referendo".

Votación de En Marea
Votación de En Marea | Fonte: Europa Press

Precisamente, este punto referido a "respectar a vontade expresada polo pobo catalán no referendo" é o que xerou as discrepancias no seo do grupo instrumental. E é que tal e como explicaron fontes da formación morada, Podemos Galicia defende que a consulta sexa "pactada e con garantías" e consideran que a redacción do BNG podería dar validez á votación do 1 de outubro cuxo resultado, para eles, non é lexítimo.

A pesar desta discrepancia que foi debatida no seo do Grupo Parlamento de En Marea e que motivou que o viceportavoz Antón Sánchez pedise a votación da resolución por separado doutras, as mesmas fontes enmarcaron as diferenzas respecto desta cuestión "na normalidade" dentro do funcionamento dun espazo de unidade popular con distintas sensibilidades.

Con todo, a proposta dos nacionalista galegos, que tamén condenaba a "vulneración dos dereitos e as liberdades fundamentais e a violencia exercida polo Estado español contra o pobo de Cataluña", foi rexeitada cos votos en contra do Partido Popular e o PSOE, a abstención deste catro deputados e o apoio dos 10 restantes parlamentarios de En Marea e os do BNG.

Esta é a primeira vez no que vai de lexislatura que os parlamentarios de En Marea expresan as súas diferenzas nas votacións na Cámara.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

10 O que queda do BNG

O máis destacable, entre o anedótico do tema, é que os únicos que "celebran" este desencontro puntual son os catro fanáticos que quedan no Bloque e o seu panfleto atopando "evidencias" http://www.sermosgaliza.gal/articul... aínda sabendo que se EM rachara en dúas partes, o pouco que queda do BNG perdería con ambas, como sucedeu nas Euro2014 http://elecciones.mir.es/resultados... O máis patético da blocallada máis talibán é que non se decata do lamentábel que pode ser.

1 Failde

Querer tapar as ratas da propia casa lémbrame aos depredadores do Partido Podre defendendo o dereito se pernada do Baltar, aos vendidos do p$o€ limpando o sangue deixado por Felipe González como dirixente da gavilla terrorista, ou ao sindicato mafioso da UPG defendendo a casta de mantidos e colocados. Sodes merdé, que diría a vosa raiña do papel couché!

2 nostrus

urco, probablemente algún dia aprendas que cada un é propietario individual do que lle pertenece, pero dahi para fora, o que é comun, pertenécenos a todos. Ata que non o aprendas seguirás dicindo burradas.

3 urco

Há quem devece por ser a rencarnaçom da duquesa de Alba e essa neurose fai-lhe introduzir conceitos do direito privado, como o de propiedade, quando esbardalha sobre a questom catalá. Mas, que se lhe pode pedir a quem nom sabe diferenciar Naçom de Estado ou cidadania de nacionalidade? Especimem este ao que nom lhe entra nos miolos o significado de Sujeito Político e que tem como objectivo acadar essa Espanha Castelhana excluinte, xenófoba e cateta.Deixemo-lo pois tranquilo co grande (e único) pensamento do seu mentor, Millán-Astray, e o seu "Muera la Inteligencia", que tanto o guia.

9 Un respeto a Cataluña

Pode pasar de todo en Cataluña; pero como pobo hai que respectalos ao máximo: Non se axeonllan ante ameazas nin pola forza, os seus líderes cumpren co que prometeron nas últimas eleccións autonómicas ata o punto de arriscar o seu futuro persoal, amosando unha valentía que me fai respectar a política outra vez. ¡Quen nos dira un Puigdemont en Galiza! Só lembrando a promesa eletoral de Raxoi de baixar impostos para, logo de gañar, subilos, dame vergoña de ter un mentireiro como presidente . O destes da Marea xa é de risa: nin prometen porque non saben cumprir. Faino mellor o BNG que arrisca moito tamén ,seguindo as súas ideas a pesares de que saben o medo da xente a perder a "caridad española"...pero fáltalles moito, moito para chegar adonde chegan os cataláns.Quitome o sombreiro e deséxolle o mellor ao pobo catalán.

1 nostrus

O pobo catalan é un pobo mais dos que configuran o pobo español, porque o pobo español é diverso e a sua vez o pobo catalan tamen é diverso, algo que non acepta o mundiño nacionático e nacioso. As diferencias entre os catalans e o resto de españoles son casi inexistentes e de feito Barcelona parécese mais a Madrid que a unha aldea catalana. Unha diferencia notable pode ser que é a rexion con maior densidade de rengados, pero tamen os hai en Galicia, inda que sexan moitos menos. Polo que se refiere aos politicos catalans, o único que fixeron foi roubar canto puderon e gastar os cartos en politicas identitarias para fomentar unha identidade virtual e en fomentar o odio, mentras fan salvaxes recortes en politicas sociales. Para tv3, para a lingua catalana e para untar aos estomagos agradecidos sempre haberá cartos.

2 Vostrus

O pobo español é un pobo mais dos que configuran o pobo europeo, porque o pobo europeo é diverso e a sua vez o pobo español tamen é diverso, algo que non acepta o mundiño nacionático e nazioso españolista. As diferencias entre os españois e o resto de europeos son casi inexistentes e de feito Barcelona parécese mais Paris que a unha aldea española. Unha diferencia notable pode ser que é a rexion con maior densidade de fascistas, pero tamen os hai en Galicia, inda que sexan moitos menos. Polo que se refiere aos politicos españolistas, o único que fixeron foi roubar canto puderon e gastar os cartos en politicas identitarias para fomentar unha identidade virtual e en fomentar o odio, mentras fan salvaxes recortes en politicas sociales. Para tvE, para a lingua castellana e para untar aos estomagos agradecidos sempre haberá cartos.

3 nostrus

Vostrus, cierto que España ayuda a configurar Europa, eso lo sabemos todos, excepto los naciotas y naciosos que quieren hacer de la sociedad un inmenso cuartel en el que no haya diversidad, ni pluralidad. Los nacionalismos, en cualquiera de sus hedores, tienen en comun la falta de respeto hacia la individualidad del ser humano, encuadrándolo como un engranaje de una máquina diseñada por los hechiceros nacionalistas.

4 Un respeto a Cataluña

Como dicía, merecen respecto os cataláns porque se están enfrontando a unha corda de fascistas fanáticos ( tales como o Nostrus) . Seguindo co tema dos políticos cataláns máis que respecto, admiración causa que arrisquen todo por seguir un mandato que lles deron os seus electores. Cando gañaron as elecións Jxsi e os que querían facer o referendo ¿qué pensaba o Raxoi e máis a prensa?, ¡que era un engano! (como os que fan eles). Porque el, por exemplo, non dubidou en faltar á palabra dada de baixar os impostos, subíndoos e de paso endebedando España e vaciando a caixa das pensións. ¿Quen irrespeita ao pobo e ao ser humano? ¿ A quen hai que crer cando fala? ¿Quen é o que encadra ao ser humano para beneficio propio? Está claro, o estafador é o goberno e prensa española.

5 Un respeto a Cataluña

De feito, se hai algo noxento e preocupante e o que se ve na prensa, radio e TV TODOS os días: ¿ Cántas veces temos visto unha conversa na TV estatal sobre o tema do referendo onde non hai nin un independentista catalán presente para respostar ás parvadas que din os periodistas?, ¿ Que pasa, os que pagamos por informarnos non temos dereito máis que a panfletos e burradas da prensa do goberno?. Para a "prensa dos medios privados" vale o mesmo: ¿Son prensa ou panfleto? Eu ( e adianto que moitos) querería ver ao Beiras contrastando as opinións dos que tanto o critican, para ser xustos e ecuánimes. Tamén quero o mesmo nos medios de difusión estatal respecto aos independentistas cataláns ¡Nunca vin unha prensa e medios tan controlados agás nunha ditadura!

8 Gamela

estas deputadas fan o que lles peta... cobran por bloquear a voz da xente... Que ninguén levante a voz para denunciar tanto AUTORITARISMO resulta RARO moi RARO !!! Dende o 29 de xullo e hoxe é 6 de outono... e nin dios tomou nota ? https://twitter.com/Gamela2017/stat...

7 Galahaz

Eu non lle vexo sentido á defensa do respecto da "vontade expresada polo pobo catalán no referendo". Que referendo? O declarado ilegal polo Tribunal Constitucional dun Estado que toda a comunidade internacional recoñece coma democrático, no que non había censo, no que "votou" menos da metade da poboación e no que houbo xente que votou varias veces? Ese "referendo"? Podían terse posicionado a favor de que o Estado recoñecera a posibilidade de facer un referendo legal e vinculante en Cataluña, con todas as garantías, e criticar as actuacións da policía e a garda civil. Pero de verdade alguén, por moi nacionalista que sexa, pode apoiar que o que pasou o domingo en Cataluña pode ser considerado un referendo válido aos efectos de declarar a independencia? Con estas medidas cara á galería non fai máis que aumentar o rexeitamento do cidadán medio galego cara posicións soberanistas e axudar a que o PP se perpetúe no poder. Hai que ter algo máis de intelixencia política.

1 Arturo

Cando, por moi españolista que sexas entenderás que quen impediu esa "pureza" do regerendum foron as forzas de ocupación? E recoñecer a validez da expresión do pobo catalán pese o acoso policial é o primeiro. A partir de aí pódese pactar un referendo totalmente libre e con pleno control democrático

2 nostrus

O separatismo que se esta a vivir en Cataluña responde a un sentimento de deslealdade baseado no desprecio hacia o resto de españoles por consideralos mais pobres, algo tatalmente contrario ao que predica a esquerda, polo que nacionalismo de esquerdas é unha incongruencia. Si para vivir mellor é preciso despreciar a parte dos seus compatriotas, non tardarán en independizarse dos catalanes pobres aos que non lles sairán rendibles os seus impostos para concederlles servicios. Si Amancio Ortega, Julio Iglesias, Patricia Botin, os Daurella e unhos cantos ricos mais fixeran un referendum entre eles para independizarse, seguro que a esquerda os tacharia de insolidarios e mala xente. Por eso para ser separatista só se precisa ser mala persona.

3 nostrus

Arturo, el territorio español pertenece a todos sus propietarios, que es el pueblo español, por lo tanto el referendum de hacerse hemos de votar todos. Y por lo que se ve, los renegados y separatistas catalanes cuentan con el apoyo, entre otros de los rengados y separatistas gallegos, que pueden regalarle su participacion en ese territorio, pero no me pueden expropiar mi parte, ni impedirme expresar mi voluntad. La parte que os corresponde a los separatas regalazsela si quereis, pero la parte que me corresponde a mi, es mia y no se la cedo, ni se la vendo ni se la cambio.

4 Turiño

Non, nostrus-galahaz, desa España que pensades como pimpíns ser os propietarios, non tedes nin unha migalla: toda foi roubada polos ladróns pepeiros e os seus encubridores das multinacionales

5 Galahaz

Quen me coñeza destes foros saberá que son nacionalista e simpatizante do Bloque (a falta de algo mellor). Agora ben, se non sodes quen de ver que o pseudo-referendo catalán non foi máis que unha trapallada tendes un grave problema de percepción. E é que por moito que o culpábel último de que non se puidera realizar un referendo con garantías fora o Goberno central, isto non valida de por si o seu resultado. Se o BNG (e falo do BNG porque das Mareas xa non agardo nada) pensa que con este tipo de política sectaria vai conseguir "abrirse á sociedade" e "ensanchar a base social do nacionalismo" vai aviado. Pódese defender o dereito a decidir de Cataluña sen comulgar con rodas de muíño. O peor é que cando nos vindeiros anos se negocie o novo marco territorial do Estado, o nacionalismo galego -e con el a voz da Galiza- será residual, e acabaremos no vagón de cola xunto con Murcia ou Estremadura, mentres nos adiantan pola dereita Andalucía, o País Valenciano ou Baleares.

6 urco

Pois nada. Os "proprietários" da terra de Catalunha, já podem ir alá co sacho a apanharem patacas. Veremos a graça que lhes fai aos pagessos cataláns esta "okupaçom" espanholeira.

6 Ferriño

Vanse retratando, proceso de decantación natural