Temas: CLIMA FURACáN

Pode o furacán Ophelia chegar a Galicia?

Un furacán situado no suroeste das Illas Azores e denominado 'Ophelia' chegará a Galicia a fin de semana debilitado e en forma de borrasca, prevé Meteogalicia. Outros meteorólogos estiman que sería moi raro que provocase danos importantes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2017 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

Diso informou este mércores en rolda de prensa a directora xeral de Calidade Ambiental, Cruz Ferreira, quen explicou que, aínda que a súa influencia empezarase a notar en Galicia o sábado, os principais efectos terán lugar nas últimas horas do domingo e primeiras do luns.

Predición a medio e longo prazo do camiño do furacán Ophelia por parte do Centro Europeo (ECMWF)
Predición a medio e longo prazo do camiño do furacán Ophelia por parte do Centro Europeo (ECMWF)

Na mesma liña, fontes de Meteogalicia sinalaron a Europa Press, que a previsión é que 'Ophelia' se mova cara á península o venres e o sábado e, aínda que pode gañar algo de forza no seu percorrido, o domingo xa comezaría a perdela, coincidindo coa súa chegada a Galicia.

"É importante ter en conta a traxectoria para prever os efectos que poida ter en Galicia e o escenario máis probable é un aumento dos ventos na noite do domingo, especialmente na zona oeste", sinalaron.

Así, as mesmas fontes incidiron en que se trata un "fenómeno bastante intenso pero relativamente pequeno" que "dependerá da traxectoria final que siga". Por iso, subliñaron que a previsión pode cambiar a medida que se aproxime a súa chegada.

Polo contrario, na web meteorolóxica galega 4gotas consideran improbábel que chegue ao país e en ningún caso coa forza propia dun furacán. " O máis probable é que a noite do domingo empece a aumentar o vento en Galicia e durante a madrugada do luns chegue a alcanzar refachos de 100-110 km/h de dirección sur tanto en Rías Baixas, como na Costa da Morte, así como nas montañas galegas máis altas. A mañá do luns chegarán choivas, pero soamente de caracter moderado, uns 10-20 l/m2" prevé Carlos F. Balseiro neste portal. 

Previsión del recorrido del huracán Ophelia y su conversión en tormenta
Previsión del recorrido del huracán Ophelia y su conversión en tormenta | Fonte: Europa Press

As boas noticias serían que, segundo 4gostas, isto pode provocar un desprazamento do anticiclón das Azores. Chegarían así por fin importantes precipitacións, moi necesarías para calmar a seca que afecta a todo o país.

Temas: CLIMA FURACáN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta