Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/10/2017 | Actualizada ás 08:30
A situación dos incendios forestais en Europa é vixiada constantemente polo Sistema europeo de información sobre incendios forestais (EFFIS), establecido polo Centro Común de Investigación (CCI) e a Dirección Xeral de Medio Ambiente (DG ENV) da Comisión Europea. O EFFIS proporciona información fiable e actualizada acerca dos incendios nas zonas de bosque europeas en apoio aos servizos de extinción de incendios forestais dos Estados membros, ao Centro de Control e Información (MIC) da Comisión Europea, con sede en Bruxelas, e a outras organizacións neste ámbito.
Os últimos lumes mapeados mostran como Galicia, principalmente o sur, e Portugal concentraron os maiores focos en toda Europa, cunha grande densidade nesta fin de semana (os puntos en vermello sinalan os lumes do domingo e os laranxas, os activos o sábado). Tamén se observa un importante número de lumes en Asturias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.