Interrompida a circulación ferroviaria entre Salvaterra e As Neves e A Pobra do Brollón e Monforte por lumes

Os incendios forestais manteñen interrompida a circulación ferroviaria entre as localidades pontevedresas de Salvaterra de Miño e As Neves e os municipios lucenses da Pobra do Brollón e Monforte de Lemos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2017 | Actualizada ás 10:15 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os incendios forestais manteñen interrompida a circulación ferroviaria entre as localidades pontevedresas de Salvaterra de Miño e As Neves e os municipios lucenses da Pobra do Brollón e Monforte de Lemos.

Así o informaron este luns a Europa Press fontes de Renfe, que precisaron que, a maiores, hai catro traxectos afectados na Comunidade galega cuxos pasaxeiros son trasbordados por estrada ou a outros trens.

En concreto, víronse afectados este luns pola mañá dous trens intercity entre Vigo e Ponferrada e Ponferrada-Vigo cuxos pasaxeiros foron trasladados por estrada entre San Clodio e Monforte.

Ademais, o Alvia entre Pontevedra e Madrid foi desviado e os ocupantes do tren hotel de Madrid foron transbordados en Ourense nun Avant ata destino.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta