SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2017 | Actualizada ás 10:16 por EUROPA PRESS
A autovía A-52 entre A Cañiza (Pontevedra) e Ourense permanece cortada debido aos incendios forestais que afectan á zona, segundo informou a Europa Press a Dirección Xeral de Tráfico (DXT).
En concreto, a circulación está interrompida na A-52 entre os quilómetros 269 e 282 en ambos os sentidos, segundo os datos facilitados polo 112 Galicia.
Tamén a DXT informa de que están cortadas ao tráfico estradas locais como a OU-0306 no quilómetro 5 en Carballeda de Avia (Ourense) en ambos os sentidos a causa do fume e po dos incendios forestais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.