Temas: INCENDIOS LUMES

Última hora da vaga de lumes: Activos 17 incendios forestais de máis de 20 hectáreas

Os lumes da fin de semaqna arrasaron 35.500 hectáreas. O SEPRONA di que a chuvia non é boa para as tarefas de investigación. Policía e Garda Civil piden colaboración cidadá. A Fiscalía abre investigacións penais. Caballero di que non alerta por arrastre de cinzas. O Goberno de Feijóo e de Rajoy defenden a súa actitude na crise incendiaria. Segue a última hora dos lumes que afectan o noso país no minuto a minuto de GC.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/10/2017 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

11.34. Galicia rexistra 17 incendios forestais controlados que superan as 20 hectáreas este xoves en municipios das provincias de Lugo e Pontevedra, tras quedar 20 lumes extinguidos nas últimas horas en concellos ourensáns maioritariamente. Ver noticia.

Milleiros de persoas na Praza da Quintana contra a vaga de lumes
Milleiros de persoas na Praza da Quintana contra a vaga de lumes | Fonte: Soledad Felloza

 

11.30.O Concello de Ponteareas xa suministra auga potable con camións aos veciños da traída de augas augas de Casal, en Guláns. Ver noticia.

 

11.21. Así quedaron castros, pazos ou fortalezas que arderon o pasado domingo Ver noticia.

Segunda xornada da enorme vaga de lumes que arrasou Galicia en pleno mes de outubro
Segunda xornada da enorme vaga de lumes que arrasou Galicia en pleno mes de outubro | Fonte: Miguel Núñez.

 

11.12. Ten que dimitir alguén en Galicia coma en Portugal pola xestión da crise?. Ver noticia.

 

10.57. Un aluvión de persoas ofrécese a colaborar tras os lumes e desborda a asociacións e comunidades de montes. Ver noticia.

 

10.16. O fotógrafo Miguel Núñez retrata como colaborador para GC a negra sombra que deixan os incendios que asolan o país estes días. Ver noticia.

 

09.25. Falta de medios, caos, pánico, frustración... Así viviron os veciños as peores horas dos incendios. Ver noticia.

 

09.10. Os lumes da fin de semana arrasaron 35.500 hectáreas, máis que 2014, 2015 e 2016 xuntos. Ver noticia.

 

 

QUINTO DÍA DA VAGA DE LUMES

 

16.28.  xulgado de instrución de Vigo autorizou este mércores o enterramento das dúas mulleres falecidas o pasado domingo no incendio rexistrado na zona de Chandebrito, en Nigrán (Pontevedra), tras concluírse os trámites forenses, segundo confirmaron fontes xudiciais. Ver noticia.

 

16.17. O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil desprazou á zona afectada polos incendios a persoal especialista en investigación de incendios forestais procedentes da Unidade Central Operativa de Medio Ambiente (UCOMA), en apoio das súas unidades en Galicia e en Asturias, e lembrou que a choiva "axuda a extinguir" os lumes, pero "non é beneficiosa" para a tarefa do investigador. Ver noticia

 

16.01. A Xunta identificará coas confrarías galegas as zonas afectadas polos incendios que poidan supor un risco para os bancos marisqueiros coa chegada das choivas. Ver noticia.

 

14.16. A Unión Federal de Policía (UFP) de Pontevedra solicitará á Dirección Xeral da Policía que recoñeza "o valor, sacrificio e abnegación" dos axentes que traballaron nos incendios declarados o pasado domingo no sur de Pontevedra, e ademais pedirá que organice cursos de formación e especialización en investigación e extinción de incendios. Ver noticia.

 

14.05. A Garda Civil solicita a colaboración cidadá para axudar a esclarecer en Galicia a autoría dos incendios que arrasaron parte da comunidade nos últimos días. Ver noticia.

 

13.53. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que non se constatou, "por agora", un "arrastre significativo" de cinzas procedentes dos incendios cara aos encoros de Eiras e Zamáns.

 

13.42. A Garda Civil de Lugo identificou a máis dunha ducia de persoas en relación aos incendios que afectan á montaña da provincia. Ver noticia.

 

13.34. A Fiscalía Superior de Galicia abriu dilixencias de investigación penal destinadas a esclarecer se na onda de incendios forestais que se rexistrou en Galicia durante a semana do 8 ao 15 de outubro, con particular virulencia o sábado e o domingo, "existen indicios dunha planificación coordinada na orixe dos devanditos sinistros". Ver noticia.

 

13.01. O alcalde dos Blancos, José Manuel Castro, atribuíu a "unha neglixencia" o incendio polo que a Garda Civil detivo este mércores a un veciño de Vigo, que supostamente causou un lume de 1 hectárea o domingo por unha imprudencia na súa leira familiar. Ver noticia.

 

12.11. Tres persoas continúan ingresadas este mércores no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) e no Hospital Povisa en Vigo por queimaduras relacionadas con incendios forestais na Comunidade galega. Ver noticia.

 

11.46. Feijóo anuncia que comparecerá polos incendios e o seu Goberno abordará este xoves as axudas. Ver noticia.

 

11.13. O único incendio forestal que se mantén activo sen control, segundo os últimos datos facilitados pola Consellería do Medio Rural, na Gudiña (Ourense) queimou leiras particulares, monte comunal e zonas arboradas no municipio. Ver noticia.

 

10.41. A ministra de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, defendeu o labor do seu departamento ante os últimos incendios rexistrados en Galicia, Asturias e Castela e León e asegurou que o país está preparado "contra os incendios, pero non contra os incendiarios" e que "non se trata dun problema de medios, senón de criminais". Ver noticia.

 

10.30. A Garda Civil detivo a un home en Vigo por supostamente ser o causante dun incendio por unha imprudencia o pasado domingo nos Blancos (Ourense). Ver noticia.

 

09.22. Galicia rexistra á primeira hora da mañá deste mércores 44 incendios forestais de máis de 20 hectáreas queimadas, catro deles activos en municipios pontevedreses e ourensáns. Ver noticia.

 

08.30. Consellos para repoboar os terreos queimados. Adega publica unha pequena guía do que facer e o que nas zonas ardiadas e non estragar o medio ambiente. Ver noticia.

 

08.00. Miguel Ucles, as verdades dun bombeiro que estivo nos peores lumes: “Menten descaradamente”. Ver noticia

 

 

DÍA CATRO DA VAGA DE LUMES

 

19.10. Un veciño do municipio de Salceda de Caselas (Pontevedra) localizou globos cunha bengala e a Garda Civil investiga a súa posible relación cos incendios forestais dos últimos días. Ver noticia.

 

18.57. Varios dos municipios ourensáns máis afectados pola vaga de incendios forestais que afecta a Galicia e que, ata hai poucas horas, tiñan decretada a 'situación 2', viron como a situación "mellora" desde as últimas horas deste luns e os seus alcaldes, consultados por Europa Press, agradecen o "alivio" que proporcionou a choiva da pasada noite. Ver noticia.

 

 

18.02. Os encoros galegos atópanse actualmente ao 45,1 por cento da súa capacidade tras perder outros 33 hectómetros cúbicos de auga con respecto á semana pasada. Ver noticia.

 

 

17.23. A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, asegurou que "o 100% dos incendios" forestais rexistrados durante o pasado fin de semana "foron intencionados" e tamén afirmou que a superficie queimada polos 276 lumes desta vaga "vai ser superior a toda a ardida durante o ano". Ver noticia.

 

16.30. O Corpo Nacional de Policía de Vigo-Redondela habilitou unha conta oficial de correo electrónico, vigo.incendios@policia.es, para que os cidadáns achegar calquera dato que permita avanzar na identificación dos autores dos incendios ocorridos o pasado domingo. Ver noticia.

 

15.43. O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, avanzou que pedirá ao presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, activar o Fondo de Solidariedade europeo para que se trasladen fondos a Galicia, Asturias e Castela e León para facer fronte aos danos causados pola onda de incendios dos últimos días. Ver noticia.

 

15.30. O apoio do PP bastou este martes no Parlamento de Galicia para sacar adiante a Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais, que chocou contra o rexeitamento de PSdeG e BNG. Pola súa banda, En Marea optou por non votar, a fin de mostrar o seu desacordo con que o pleno non abordase de xeito monográfico os incendios que aínda persisten nesta comunidade. Ver noticia.

 

14.42. O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, dixo en Vigo que son necesarias políticas públicas contra os incendios forestais a través das que se invista en máis medios, en mellorar as condicións de bombeiros e brigadistas e en prevención. Ver noticia.

 

14.27. Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo identificaron a unha persoa en relación aos incendios rexistrados o fin de semana na cidade, na zona das Gándaras e na contorna do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Ver noticia.

 

14.13. A responsable de Telefónica en Galicia, Marta Menéndez, asegurou este martes en Lugo que a vaga de incendios rexistrada na Comunidade galega deixou sen servizo "a máis de 5.000 clientes". Ver noticia.

 

13.43. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, admitiu que a situación de incendios que se produciu este fin de semana deron como resultado "12 horas" nas que se "perdeu o control" do lume, pero desvinculou esta situación da política forestal e a xestión e advertiu de que utilizar esta situación sería facer "política con minúsculas e partidista, como adxectivo". Ver noticia.

 

13.31. Os 14 monxes do mosteiro de Oseira, en San Cristovo de Cea (Ourense), volverán na tarde deste martes tras ser evacuados o domingo ao convento de Ferreira de Pantón (Lugo) debido á vaga de incendios que afectou o municipio ourensán. Ver noticia.

 

13.22. Tres persoas permanecen este martes ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) e no Hospital Povisa en Vigo por queimaduras derivadas de incendios forestais na Comunidade galega. Ver noticia.

 

13.07. Tres incendios forestais foron extinguidos na mañá deste martes nos municipios lucenses de Triacastela e Antas de Ulla, e outro na Gudiña (Ourense). Ver noticia.

 

12.54. O sur de Pontevedra (Nigrán, Baiona, Gondomar, As Neves...) recupera aos poucos a normalidade tras os incendios forestais que bateron esta zona da provincia con especial virulencia na tarde-noite do domingo, coas lapas achegándose a vivendas. Ver noticia.

 

12.37. Dous brigadistas foron ingresados en observación no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e máis de 30 persoas recibiron asistencia en Puntos de Atención Continuada (PAC) da provincia por problemas sanitarios derivados dos incendios forestais. Ver noticia.

 

12.30. A Garda Civil asegura que "os primeiros indicios apuntan a intencionalidade en gran parte dos incendios" ocorridos en Galicia --que deixan catro mortos e miles de hectáreas queimadas--, aínda que "hai casos illados accidentais". Ver noticia.

 

11.50. Os Ancares, unha das principais reservas verdes de Galicia, tamén se queima. Arderon castiñeiros centenarios e toda a rede natura. Ver noticia.

 

10.50. Galicia rexistra 53 incendios forestais --entre activos, estabilizados e controlados-- na mañá deste martes, na que xa non hai lumes coa situación 2 decretada tras ser desactivada en cinco lumes na provincia de Ourense e dous na de Lugo. Ver noticia.

 

 

09.30. Logo da chegada do presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, hoxe visitan os lugares arrasados pola vaga de lumes en Galicia os secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, e de Podemos, Pablo Iglesias, para coñerce in situ os efectos dos incendios. Ver noticia.

 

09.00. Galicia rexistra nas primeiras horas da mañá deste martes 82 incendios forestais, dos cales 27 permanecen activos e en sete deles está decretada a situación 2 por risco para vivendas. 

 

DÍA TRES DA VAGA DE LUMES

 

21.50. Berros de NUNCA MÁIS, NUNCA MÁIS, NUNCA MÁIS lumes.

 

21.46. Masiva manifestación tamén na Coruña con milleiros de persoas. Fálase de máis de 5.000

 

21.30. A Praza da Quintana chea de persoas nunha das manifestacións máis importantes da cidade de Santiago nos últimos meses. Participantes falan xa de 10.000.

 

21.13. Case 5.000 persoas concéntranse ante a delegación da Xunta en Ourense.

 

21.10. Milleiros de persoas no centro de Vigo. Algún participante fala de que está cheo a rúa Príncipe e tamén boa parte da Rúa Urzáiz. Hai quen fala de máis de 10.000 persoas.

16.03. O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, constatou este luns que a vaga de incendios que arrasa Galicia "non se produciu por casualidade", senón que os lumes son "provocados", e pediu "o maior esforzo" a Policía e Guardia Civil para deter aos autores. Ver noticia.

15.52. O Corpo Nacional de Policía, que colaborou no operativo contra incendios desenvolvido nas últimas horas en Galicia, afirma que "unha altísima porcentaxe dos incendios" foron "provocados" e apunta que detrás a súa autoría atópanse varias persoas que actuaron de forma organizada, polo menos no relativo ao ámbito urbano de Vigo. Ver noticia.

15.45. A oposición aliouse para pedir unha alteración na orde do día da sesión plenaria que arrinca o martes, a fin de que se poida analizar a fondo as causas dos incendios que tiveron lugar o domingo e as consecuencias que xeraron. Ver noticia.

15.35. O Parlamento de Galicia gardou este luns un minuto de silencio en memoria das persoas que perderon a vida durante a vaga de incendios que está a arrasar a comunidade. Ver noticia.

15.30. A Consellería de Medio Rural informou de que a acumulación de fume polos incendios e a meteoroloxía adversa, con presenza de nubes baixas, dificultan a actuación de medios aéreos este luns na loita contra o lume. Ver noticia.

15.22. Os conselleiros de Política Social, José Manuel Rey Varela; Facenda, Valeriano Martínez; Infraestruturas, Ethel Vázquez; e Mar, Rosa Quintana, participaron, xunto con outros cargos, nun minuto de silencio convocado ante a sede compostelá da Xunta ante a situación provocada polos incendios que afectan a Galicia e que se cobraron catro vidas. Ver noticia.

15.15. A Comisión Europea expresou este luns o seu pesar polos incendios forestais que deixaron xa polo menos 20 mortos en Portugal e catro en Galicia, á vez que ofreceu a estes dous países o seu apoio para coordinar a posible axuda que ofrezan o resto de Estados Unidos. Ver noticia.

14.55. O ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, informou este luns de que se está investigando se os incendios que afectan a Galicia desde este fin de semana puideron ser intencionados e defendeu que, de ser así, "debe recaer todo o peso da lei sobre os culpables". Ver noticia.

14.50. A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 reforzou durante esta noite a rede de transporte sanitario urxente con 24 ambulancias asistenciais de soporte vital básico, tres ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado e dous vehículos de transporte adaptados naqueles puntos considerados zonas de risco sanitario polos incendios forestais. Ver noticia.

14.45. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, chamou este luns de novo á "colaboración cidadá"  para deter aos "terroristas incendiarios". Con todo, apelou á prudencia á hora de informar o transcurso da investigación e constatou que hai "chamadas e denuncias". Ver noticia.

14.40. A Oficina Nacional da Caza, a Conservación e o Desenvolvemento Rural (ONC) lamentou que na "terrible" vaga de incendios que afecta a Galicia está detrás "a man do home", segundo informou a organización a través dun comunicado. Ver noticia.

14.35. Decenas de alumnos de toda Galicia protagonizaron paros e concentráronse nos seus centros educativos en solidariedade coas vítimas e os afectados polos incendios que rexistra Galicia. A convocatoria impulsouna o sindicato de estudantes 'Erguer', ás 12.00 horas en todo o ensino medio, ademais das facultades e centros universitarios. Ver noticia.

14.25. Axentes da Garda Civil e Policía Nacional investigan a posible orixe dos incendios rexistrados nas últimas horas en Galicia, especialmente na provincia de Pontevedra. Polo momento, houbo algunhas identificacións, pero non detidos, segundo informaron fontes dos corpos policiais a Europa Press. Ver noticia.

14.14. A fábrica de PSA-Citroën en Vigo renovou a súa actividade con "relativa normalidade" na quenda das 6 da mañá, despois de que este domingo as naves tivesen que ser desaloxadas debido á proximidade das lapas dos incendios que cercaron a cidade. Ver noticia.

13.55. Os comités de empresa de Seaga --empresa pública autonómica de loita contra o lume-- das catro provincias cargaron este luns contra a "incompetente" e "irresponsable" Xunta de Galicia por prorrogar a súa encomenda de xestión --o contrato dos seus 500 traballadores terminou o 12 de outubro-- desde este luns e non antes. Ver noticia.

13.45. A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, comparecerá este martes na sesión ordinaria do Parlamento de Galicia debido á crise incendiaria que vive Galicia. A solicitude urxente do Goberno, que avanzou o presidente da Xunta na mañá deste luns, suporá o adiamento da comparecencia da titular de Medio Ambiente. Ver noticia.

13.36. A situación que vive Galicia por mor dos incendios forestais e a súa proximidade a núcleos de poboación obrigou a suspender as clases en 20 centros educativos, todos na provincia de Pontevedra. Ver noticia.

13.12. A Unidade Militar de Emerxencias (UME) despregará máis de 700 efectivos en Galicia ao longo da xornada para colaborar nas tarefas de loita contra o lume, dos que 538 xa se atopan no territorio. Ver noticia.

12.55. Os incendios sen control en situación 2 --con risco para a poboación e inmobles-- aumentan a 19, tras declararse dous novos nos concellos da Gudiña --parroquia do mesmo nome-- e Boborás --parroquia de Albarellos-- (Ourense). Ver noticia.

12.45. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, esixiu que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, compareza leste mesmo martes no Parlamento de Galicia aproveitando a sesión ordinaria do pleno para explicar a situación derivada da "catástrofe" dos incendios que se viviu en Galicia desde este fin de semana. Ademais, e aínda que asegurou que a "prioridade" agora é apagar os lumes e rexeitou facer un uso "carroñero" desta situación, lamentou que os galegos se quedaron en situación de "desamparo" por parte de Xunta e Goberno central. Ver noticia.

12.40. As lapas quedáronse a apenas 50 metros das casas en Chavián, no municipio de Carballeda de Avia (Ourense), onde os maiores danos sufríronos os gandeiros que viron arder as balas de herba coas que esperaban alimentar ao seu gañado este inverno. Ver noticia.

12.35. A caída de choivas torrenciais sobre os terreos que arderon nas últimas horas xeraría "un dos peores escenarios posibles", polo seu efecto en rías e encoros, segundo advirte o presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González, en declaracións a Europa Press. Ver noticia.

12.30. O fiscal delegado de Medio Ambiente en Galicia, Álvaro García Ortiz, considera que non se debe especular sobre a intencionalidade dos incendios a pesar dos "indicios" polas horas, lugares e formas de producirse, xa que é "moi difícil" de determinar e non cre que tras esta "vaga de incendios tan desaforada" haxa unha trama organizada. Ver noticia.

12.25. O Hospital Povisa, situado en Vigo, atendeu a cinco persoas por queimaduras e a outras 14 por problemas respiratorios por inhalación de fume por mor dos incendios forestais que se rexistran en Galicia. Ver noticia.

12.15. No termo municipal de Vigo permanecen "activos e consistentes" dous incendios, no Monte Alba e no Monte Galiñeiro, e focos de escasa entidade noutras áreas, como A Madroa, Freixo, Zamáns, Alcabre, Roteas, Coruxo e Fragoselo (onde as lapas se achegaron perigosamente a unha vivenda). Hai 400 evacuados. Ver noticia.

12.10. O protocolo de actuación en casos excepcionais de contaminación atmosférica atópase activo en toda Galicia, con partículas en suspensión "nunca vistos" de forma tan xeneralizada na Comunidade e en tan pouco espazo de tempo. Ver noticia.

-- Os veciños, a xente, a cidadanía, como coa traxedia do Prestige, volveron saír a rúa para salvar Galicia. Le a  crónica dun domingo negro en Galicia --

12.07. A morte dun septuaxenario cando apagaba un incendio subido a un muro nunha parroquia de Vigo eleva a catro as vítimas mortais pola vaga de incendios que afecta a Galicia. Ver a noticia.

11.50. O incendio de Carballeda de Avia (Ourense) deixou máis de 500 persoas evacuadas, casas queimadas en todos os núcleos de poboación e un home de 78 anos falecido cando tentaba salvar aos animais que tiña nun alpendre. Ver noticia.

11.40. Galicia continúa afectada na mañá deste luns por 105 incendios, dos que 67 permanecen activos e, concretamente, 15 están en situación 2 por risco para a poboación. Como consecuencia desta vaga de lumes, os centros hospitalarios atenderon a varias persoas por intoxicación por fume e a oito por queimaduras. Ver noticia.

-- Os lumes tamén acaban co patrimonio galego. O castro de Chandebrito, queimado, e o Mosteiro de Oseira e o Castelo de Monterreal, en Baiona, rodeados polas lapas--. Ver noticia

11.30. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, chamou este luns, tras "un día triste" no que se rexistraron máis dun centenar de incendios, a "abordar dunha vez" e "con honestidade" o cambio de modelo forestal de Galicia. Ver noticia.

11.00. O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, viaxará este luns a Galicia para supervisar no terreo a resposta ante os incendios rexistrados este fin de semana nesa comunidade e que xa se cobraron a vida de tres persoas. Ver noticia

10.30. A autovía A-52 entre A Cañiza (Pontevedra) e Ourense permanece cortada debido aos incendios forestais que afectan á zona, segundo informou a Europa Press a Dirección Xeral de Tráfico (DXT).En concreto, a circulación está interrompida na A-52 entre os quilómetros 269 e 282 en ambos os sentidos, segundo os datos facilitados polo 112 Galicia. Tamén a DXT informa de que están cortadas ao tráfico estradas locais como a OU-0306 no quilómetro 5 en Carballeda de Avia (Ourense) en ambos os sentidos a causa do fume e po dos incendios forestais. Ver noticia.

10.20. As lapas obrigan a evacuar tres aldeas de Parada de Sil (Ourense), no corazón da Ribeira Sacra, onde o lume "chegou ata as casas", segundo confirmou a Europa Press a súa alcaldesa Yolanda Jácome, que destacou que "o traballo coordinado de motobombas, equipos de extinción e veciños" puideron salvar as vivendas. Ver noticia.

A alcaldesa explicou que "nunca viu" un incendio de tal magnitude no Concello da Ribeira Sacra. Aínda que "aínda" non se pode cuantificar a superficie queimada considera que "é unha

catástrofe natural tremenda".

09.50. Interrompida a circulación ferroviaria entre Salvaterra e As Neves e A Pobra do Brollón e Monforte por lumes. Así o informaron este luns a Europa Press fontes de Renfe, que precisaron que, a maiores, hai catro traxectos afectados na Comunidade galega cuxos pasaxeiros son trasbordados por estrada ou a outros trens.

En concreto, víronse afectados este luns pola mañá dous trens intercity entre Vigo e Ponferrada e Ponferrada-Vigo cuxos pasaxeiros foron trasladados por estrada entre San Clodio e Monforte. Ademais, o Alvia entre Pontevedra e Madrid foi desviado e os ocupantes do tren hotel de Madrid foron transbordados en Ourense nun Avant ata destino. Ver noticia

9.30 O Concello de Vigo informa de que existen dous lumes activos en zona forestal: en Galiñeiro e Monte do Alba.

Feijóo e Tejerina no centro de control de incendios
Feijóo e Tejerina no centro de control de incendios
Punto verde de Fragoselo, en Coruxo (Vigo), no que se atopa a planta de biomasa, totalmente arrasado polo lume da vaga de incendios que asolou Galicia en pleno mes de outubro
Punto verde de Fragoselo, en Coruxo (Vigo), no que se atopa a planta de biomasa, totalmente arrasado polo lume da vaga de incendios que asolou Galicia en pleno mes de outubro | Fonte: Miguel Núñez.
Incendio en Serra de San Madede (Ourense)
Incendio en Serra de San Madede (Ourense)
Temas: INCENDIOS LUMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

10 miren o carnet do pp

E alguns desdes voltara a votar o PEPIRO, o paritdo populeta o populismo... con todo queimado ata a mesma porta da casa... ide tomar polo C... miren si os detidos son do partido das dous PES

1 xpuj

Compararse co tempo en que menos incendios non é comparabel. Pêro se me dis que cometeron erros seguindo a política Popular P pois sí.

9 Arturo

Unha vaga de lunes coma esta só se explica por unha trama perefectamente organizada. Non hai outra explicación posible, e totalmente imposible que " casualmente" haxa tantos incendios ( mais de 130, de Tui aos Ancares ) nunha noite. Répitamos por centésima vez que o monte non arde só. A abandono, as pirófitas, etc facilitan o lume, pero non o causan. Non cabe discusión. Xa que logo, non entendo coma hai xente que cando se lembra esto, saen disparados a cuestionar eso, ou a tentar descalificar ao que di eso con ataques " ad personam". Seguramente ten moito que ver cos anceios de tentar sacar rentabilidade política como sexa desta traxedia.

1 Bombeiro involuntario

Nótase que non o viviches. Eu, porén, vin como as muxicas viñan desde un quilómetro de distancia até a miña casa e prendían o lume na contorna. Salvàmonos porque tiñamos moita auga e regamos toda a casa por precaución. Xa che digo eu que por alí ninguen prendeu nada. Foi o vento e as follas ardendo dos eucaliptos quen espallaron as lapas. Feijóo dimisión.

8 Buitres non

Onte vi a uns bloqueiros/mareantes moi contentos. Eran dos que ocuparon postos ben pagados de libre designación durante o bipartito. Non paraban de fregarse as mans pensando na oportunidade política que representaban estes incendios. Incrible que haxa galegos así.

1 dasd

Non mirei a ninguén contento, oportunidade política?? estamos en eleccións?? o único que sacou rédito político dos incendios foi Feijoo a tirarse fotos a apagar o lume en camisa e zapatos e a Coz a publicalo. Igual que empregou o idioma coma arma política cún retroceso sen comparación (Fraga o seu lado era independentista), e para rematar fixo que os galegos tiveramos que pagar millóns de euros por impugnar o concurso eléctrico, defender a este home é de risa que xustifique só euro en prevención.

7 Basta xa! de mafia do PP

Empresas investigadas por prender lume os montes, son as 14 inscritas en AECA as que a Audiencia Nacional acusa xunto a altos cargos do PP de amañar para gañar todos os concursos públicos do estado para extinción de lume, e estafar con subrecustes mais de 250 millóns as ad. pública: :AVIALSA T-35, FAASA, CEGISA, INAER VEHICULOS ANFIBIOS S.A. MIGUEL ANGEL MARTINEZ RIDAO (Galiza) SAETA, TRABAJOS AEREOS ESPEJO, INAER, ELICSA HELICOPTEROS S.A. COYOTAIR S.A. SKY HELICÓPTEROS, HISPÁNICA DE AVIACIÓN S.A., SAP AVIACIÓN S.A, TAF HELICÓPEROS S.A, MARTINEZ RIDA AVIACIÓN S.A. etc, son moitas mais

6 Fada laverca

Claro, concreto e preciso: http://ctxt.es/es/20171011/Politica... Por certo, parabéns a Galicia Confidencial polo seu traballo durante esta fin de semana de horror... E en fin, non son da que parabeniza facilmente e moito menos aos xornalistas, mesmo ata teño sido moi crítica con vós.