SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2017 | Actualizada ás 11:11 por EUROPA PRESS
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, chamou este luns, tras "un día triste" no que se rexistraron máis dun centenar de incendios, a "abordar dunha vez" e "con honestidade" o cambio de modelo forestal de Galicia.
É necesario, como subliñou o rexedor en declaracións aos medios, "pór en valor o rural" e desenvolver "outra política forestal", en lugar de facer "victimización" ou "culpabilización". Criticou así as alusións aos lumes sen control que traspasaron a fronteira portuguesa para chegar a Galicia.
En paralelo ao cambio de modelo, Noriega mostrouse consciente de que os galegos teñen "unha mina" baixo os pés que estalou o domingo causando varios mortos. "Iso non pode ocorrer", sentenciou.
Finalmente, en clave local, sostivo que a capital galega só rexistrou dous pequenos incendios na parroquia de Berdía e na canteira de Miramontes, aínda que si houbo "alarma social" porque a cidade "estaba chea de fume".
Esta situación foi debida a "as condicións meteorolóxicas" e, como evidenciou o primeiro edil compostelán, "daba a sensación de que había incendios preto". "Pero non tivemos que lamentar ningunha desgraza e é o positivo dentro dunha xornada tráxica para o país", concluíu, antes de mostrarse "indignado" co ocorrido.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.