VIGO | 16/10/2017 | Actualizada ás 12:14 por EUROPA PRESS
O Hospital Povisa, situado en Vigo, atendeu a cinco persoas por queimaduras e a outras 14 por problemas respiratorios por inhalación de fume por mor dos incendios forestais que se rexistran en Galicia.
Segundo informou Povisa nun comunicado de prensa, en relación á onda de incendios rexistrada nas últimas horas no sur de Galicia neste hospital "atendeuse a cinco persoas con queimaduras de diversa consideración, das cales una quedou ingresada".
Tamén sinalou o centro hospitalario vigués que se atendeu a 14 persoas por problemas respiratorios causados por inhalación de fume.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.