SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2017 | Actualizada ás 13:08 por EUROPA PRESS
Os incendios sen control en situación 2 --con risco para a poboación e inmobles-- aumentan a 19, tras declararse dous novos nos concellos da Gudiña --parroquia do mesmo nome-- e Boborás --parroquia de Albarellos-- (Ourense).
Pola súa banda, a situación 2 --de risco de inmobles-- foi desactivada no incendio declarado na parroquia de Aro, no municipio de Negreira (A Coruña), tras arrasar unhas 75 hectáreas.
Na provincia de Ourense hai oito incendios en situación 2: na parroquia de Paradellas, Concello de Parada de Sil; en Oseira, municipio de San Cristovo de Cea; en Betán, municipio de Baños de Molgas; en Chaveán, Concello de Chandrexa de Queixa; en Cantoña, Concello de Paderne de Allariz; en Araúxo, municipio de Lobios, así como os da Gudiña e Boborás.
Na provincia de Pontevedra atópanse en situación 2: na parroquia de Padróns, no Concello de Ponteareas; en Pesqueiras, no Concello de Salvaterra de Miño; en Morgadáns, no municipio de Gondomar; na parroquia das Neves no municipio de mesmo nome; na parroquia de Baíñas, no Concello de Baiona; na parroquia de Parada, no municipio de Nigrán, así como en Refoxos, no municipio de Silleda.
Na provincia de Lugo hai cinco incendios en situación 2: na parroquia de Denís, no municipio de Cervantes; en Noceda, tamén en Cervantes; en Anxeriz, no Concello de Friol; en Chavaga, en Monforte; e en Cangas, no Concello de Pantón.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.