A UME contará con máis de 700 efectivos en Galicia ao longo do luns: "Non viramos nada así"

A Unidade Militar de Emerxencias (UME) despregará máis de 700 efectivos en Galicia ao longo da xornada para colaborar nas tarefas de loita contra o lume, dos que 538 xa se atopan no territorio.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2017 | Actualizada ás 13:12 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Unidade Militar de Emerxencias (UME) despregará máis de 700 efectivos en Galicia ao longo da xornada para colaborar nas tarefas de loita contra o lume, dos que 538 xa se atopan no territorio.

Así o sinalou en declaracións aos medios o tenente coronel Álvaro Díaz Fernández, xefe do 5º batallón de intervención da UME.

Díaz Fernández destacou que esta situación é "incomparable" respecto doutras experiencias vividas polos efectivos da UME. "Non viramos nada así e temos experiencia en incendios, sobre todo en Galicia", sinalou.

Por iso, o xefe do 5º batallón de intervención da UME considerou que a situación vivida este domingo "non era algo normal", polo que "non sería lóxico" pensar que se tratou de "algo fortuíto".

Ata agora, engadiu, "o máis complicado" para eles foron os momentos "de tensión" vividos con algúns veciños que priorizaban as súas propiedades e as súas casas, aínda que matizou que se trata dunha tendencia "normal" e "que ocorre sempre" neste tipo de situacións.

O tenente coronel da UME non se arrisca, con todo, a valorar se a situación do lume está controlada, aínda que si recoñeceu que houbo "certa melloría" polo cambio meteorolóxico. "Esperamos estabilizalo canto antes", engadiu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta