Interior investiga se os lumes de Galicia son intencionados

O ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, informou este luns de que se está investigando se os incendios que afectan a Galicia desde este fin de semana puideron ser intencionados e defendeu que, de ser así, "debe recaer todo o peso da lei sobre os culpables".

| 16/10/2017 | Actualizada ás 14:49 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, informou este luns de que se está investigando se os incendios que afectan a Galicia desde este fin de semana puideron ser intencionados e defendeu que, de ser así, "debe recaer todo o peso da lei sobre os culpables".

O ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, en rolda de prensa
O ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Así se pronunciou o ministro do Interior na rolda de prensa que ofreceu para informar os contidos que se trataron na reunión do G6 que se celebrou este luns en Sevilla, onde se deron cita os ministros do Interior de España, Francia, Alemaña, Reino Unido, Italia e Polonia.

Desta maneira, e tras incidir en que o prioritario agora é extinguir todos os incendios e atender aos afectados polo lume, Zoido explicou que se está investigando cal foi a orixe dos mesmos "e se puideron ser intencionados".

E se é así, como recalcou o ministro do Interior, "debe recaer sobre os culpables todo o peso da lei".

Tras incidir en que tanto as autoridades da Xunta como a propia Garda Civil "estarán desde o primeiro momento investigando estes feitos", Zoido defendeu que "hai que ser moi rigorosos" e que "se parte dos incendios foron provocados, hai que buscar ao autor e debe caer sobre el todo o peso da lei" porque non só causan danos ecolóxicos e prexuízos económicos, senón que: "Non podemos consentir a perda de vidas humanas".

Así as cousas, Zoido explicou que o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, xa se desprazou a Galicia "para seguir no terreo os traballos que se están levando a cabo para loitar contra o lume", á vez que trasladou unha mensaxe de apoio e solidariedade ao pobo galego.

Neste sentido, enviou as súas condolencias aos amigos e familiares dos falecidos como consecuencias dos incendios e tamén quixo transmitir o seu agarimo a toda Galicia "nestes momentos difíciles" como consecuencia dos incendios e das malas condicións climatolóxicas que "están a avivar o lume nas últimas horas".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta