O Parlamento de Galicia garda un minuto de silencio polas vítimas da vaga de incendios

O Parlamento de Galicia gardou este luns un minuto de silencio en memoria das persoas que perderon a vida durante a vaga de incendios que está a arrasar a comunidade.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2017 | Actualizada ás 15:22 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia gardou este luns un minuto de silencio en memoria das persoas que perderon a vida durante a vaga de incendios que está a arrasar a comunidade.

Minuto de silencio fronte ao Parlamento de Galicia
Minuto de silencio fronte ao Parlamento de Galicia | Fonte: Europa Press

No acto, que tivo lugar pasadas as 12,30 horas nas escaleiras exteriores do Pazo do Hórreo, déronse cita deputados dos catro grupos, a valedora do Pobo e numeroso persoal da Cámara.

O minuto de silencio, que estivo presidido polo xefe do Lexislativo galego, Miguel Santalices, concluíu cun aplauso colectivo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta