SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2017 | Actualizada ás 10:58 por EUROPA PRESS
Galicia rexistra 53 incendios forestais --entre activos, estabilizados e controlados-- na mañá deste martes, na que xa non hai lumes coa situación 2 decretada tras ser desactivada en cinco lumes na provincia de Ourense e dous na de Lugo.
Segundo informou a Consellería do Medio Rural en relación aos datos actualizados ata as 10,00 horas, permanecen activos 23 incendios forestais na Comunidade galega, deles catro na provincia de Lugo --tres en parroquias do municipio de Cervantes-- e outro en Negueira de Muñiz; e seis na de Pontevedra --Ponteareas, Nigrán, dous en Salvaterra do Miño, Fornelos de Montes e Cotobade--.
Na provincia de Ourense rexístranse 13 incendios activos, que se localizan nos municipios de A Gudiña, Paderne de Allariz, Parada de Sil, Baños de Molgas, Lobios, Vilar de Barrio, Melón, dous lumes en Maceda, Esgos, Montederramo, Xunqueira de Espadañedo e Chandrexa de Queixa.
Mentres, están estabilizados oito lumes, deles dous na provincia de Lugo --Monforte e As Nogais--; tres na de Ourense --dous en Vilariño de Conso e outro en San Xoán de Río-- e outro tres na de Pontevedra --Salceda de Caselas, Gondomar e Caldas de Reis--.
Pola súa banda, outros 22 incendios forestais permanecen controlados na Comunidade galega; once deles na provincia de Ourense --San Cristovo de Cea, Piñor, dúas en Montederramo, Boborás, A Gudiña, A Mezquita, Vilardevós, Vilariño de Conso, Vilamarín e Lobios--.
Entre os lumes controlados inclúense, ademais, outro sete na provincia de Pontevedra --Silleda, As Neves, Baiona, Ponteareas, Mos e dous en Cotobade-- e outro catro na de Lugo --Triacastela, Pantón, Antas de Ulla e Chantada--.
EXTINGUIDOS
Medio Rural informou, así mesmo, de que sete incendios quedaron extinguidos nas últimas horas en Galicia no municipio coruñés de Neda --parroquia de Anca--, así como nos lucenses de Samos --dous nas parroquias de Renche e O Real-- e Friol --en Anxeriz e Xía-- e nos concellos ourensáns de Vilariño de Conso --parroquia de Sabuguido-- e Chandrexa de Queixa --parroquia de Queixa--.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.